Historia das San Lucas
No mes de outubro celébranse en Mondoñedo As San Lucas, unha das máis importantes feiras tradicionais de Galicia.
A orixe das festas das San Lucas atribueselle ao bispo Martín, que as iniciara para celebrar a consagración da catedral en 1246.
Pero todo apunta a que o seu inicio remóntase a 1156, ano no que Alfonso VII concede unha festa de oito días.
As feiras das San Lucas, que no seu tempo, chegaron a durar quince días, son fundamentalmente de gando montaraz.
Hoxe en día a duración das festas é de cinco días:
- O día 16 de outubro dan comezo as festas, é a xornada das “Revésperas”. Este día ten lugar o pregón co que se abre oficialmente a festa.
- A xornada do 17 de outubro celébrase o día das “Vésperas”.
- O día 18 de outubro é o de “As San Lucas”, celébrase a feira e vívese unha intensa xornada de festa con diversas orquestras e outras actuacións.
- O día 19, “Día do Medio”, vívese outra xornada de festa na cidade.
- Finalmente, o día 20 terminan as festas. É o día das “Maulas”, xornada na que os feirantes venden os últimos produtos que quedan (estes reciben o nome de Maulas).
Fonte: mondonedo.net