Presentación das San Lucas en Santiago

Presentacion en Santiago das San Lucas 2014

Santiago 11 outubro 2014: O presidente da Asociación Cultural As San Lucas de Mondoñedo, Miguel Souto, acompañado doutros membros do ente organizador, presentou esta mañá o programa das Feiras das San Lucas para este novo ano 2014 e que anualmente celébranse en Mondoñedo (Lugo). “A Feira das San Lucas combina na súa 858 edición o mercado cabalar coas máis actuais actuacións musicais”, asegurou Souto.

A presentación da que ostenta o cargo de ser a festa máis antiga de Galicia e unha das que conta con máis tradición en toda Europa, celebrouse na Aula Gastrocultural da Praza de Abastos de Santiago de Compostela. O presidente da asociación manifestou a súa ilusión pola presentación destas festas na capital de Galicia e por que a primeira vez que se mostran en Santiago sexa no Mercado de Abastos “un lugar emblemático e moi vinculado coas San Lucas, xa que estas feiras nacen con esta finalidade, coa de mercadear, trocar, vender..; e que co tempo se converteron en cultura e tradición”.