Programa As Quendas 2016
Luns, 25 de Abril
-
Obradoiro de Regueifas, a cargo de Josiño da Teixeira. En colaboración coa Tradescola de Lugo, no IES San Rosendo e no CEIP Álvaro Cunqueiro.
Venres, 29 de Abril de 2016
-
Ás 19:30 h. o disparo de potentes bombas de palenque anunciará o comezo das Feiras e Festas de “As Quendas 2016”. Ás 20:00 h. Recepción oficial na Casa do Concello, do Pregoeiro e Autoridades.
-
Ás 20:15 h. A comitiva formada polas Autoridades, o Pregoeiro, os membros da Comisión de Festas, a Raíña e as Damas das Festas, xunto cos Xigantes e Cabezudos e o Grupo de Gaitas “SOUTO XIMARO”, desprazaranse dende a Casa do Concello cara ao AUDITORIO MUNICIPAL PASCUAL VEIGA, onde terá lugar o PREGÓN pronunciado por CÉSAR MORÁN FRAGA, escritor e músico galego, coas súas orixes en Mondoñedo. A continuación, terá lugar a tradicional actuación do CORO MESTRE PACHECO DE MONDOÑEDO, da Escola Municipal de Música “O Pallarego”.
-
Ás 22.30 h. Dará comezo a festa verbena coa música da orquestra LA NUEVA PHILA na Alameda.
Sábado, 30 de Abril de 2016
-
ÁS 10:30 h. Saída do Campo da Feira da III RUTA A CABALO
-
“AS QUENDAS”. Inscrición: 20 E, (inclúe almorzo e xantar no Bar polberia O Bigotes). Teléfonos para as inscricións: 639 021 130 e 664 352 733 ata o xoves 28
-
DEBUXANDO MONDOÑEDO – Sketchcrawl Galicia-II Edición Dende as 11:00 h. ás 19:00 h.- Debuxantes e pintores cítanse nunha quedada en Mondoñedo. Percorrerán as rúas, prazas e espazos culturais, tomando apuntes da cidade e das xentes ao vivo e realizarán as súas creacións, que logo difundirán a través das redes sociais. Lugar de encontro: Praza Jaime Cabot.
-
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: “Mondoñedo Sentimental” (Vidas e paisaxes) de 11:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 20:30 h. no Auditorio Pascual Veiga
-
TENDAL DE POESÍA: Exposición de traballos con poemas do alumnado dos centros escolares mindonienses, de 11:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 20:30 h. no Auditorio Pascual Veiga. EXPO-LIBRO MONDOÑEDO
-
Feira dos Libros na Praza Jaime Cabot de 11:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. 20:30 h.
-
Ás 12:00 h. Inauguración Expo-LIBRO MONDOÑEDO, polo Cronista Oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, cun pregón homenaxe á imprenta mindoniense. Ao longo do día haberá presentacións e sinaturas de libros de escritores de Mondoñedo e da Mariña. (Consulte o programa específico de ExpoLIBRO).
-
De 13:00 h. a 14:00 h. V EDICIÓN DAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CARNE DE POLDRO GALEGO.
Degustación de balde na Alameda dos Remedios, servida polo Bar-polbería O BIGOTES. -
Ás 14:00 h. Sesión Vermú na Alameda, amenizada pola Orquestra SALSARENA.
-
Ás 17:30 h. No recinto da Granxa, EXHIBICIÓN E CONCURSO HÍPICO DE SALTO, a cargo de Hípica Equs Caballetti (Lugo) e Centro Ecuestre Os Parrulos (A Coruña).
-
Ás 19:00 h. Escritores e debuxantes reuniranse na Escola de Música para a posta en común das diferentes experiencias (acceso libre).
-
De 20:00 h. a 22:00 h. Degustación de balde de carne de poldro galego na Alameda, servido polo Bar-polbería O BIGOTES.
-
Ás 22:00 h. CONCERTO ACÚSTICO DE “MIKEL ERENTXUN” no AU DITORIO MUNICIPAL PASCUALVEIGA.
Venda anticipada de Entradas a 14 € http://entradas.abanca.com/es/Detalle/MIKEL-ERENTXUN-A-CORAZON-ABIERTO, e venda en taquilla a 18 €. -
Ás 22:30 h. Dará comezo a festa verbena coa música das orquestras SALSARENA E MONTREAL na Alameda.
Domingo, 1 de Maio
-
XXXIII FESTA DA EMPANADA
-
MERCADO DE PRODUTOS DO CAMPO GALEGO
-
ÁS 8:00 h. II TCX MONDOÑEDO “A TOXIZA CLASSIC XTREME” TCX 19 Km TCX 40Km
Saída da praza da Catedral -
Á partir das 9:00 h. GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR AS QUENDAS, no Campo da Feira.
-
Ás 10:00 h. O disparo de potentes bombas anunciaráo comezo do día grande das QUENDAS 2016.
-
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “Mondoñedo Sentimental” (Vidas e paisaxes). Visitas de 11:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 21:30 h. no Auditorio Pascual Veiga.
-
TENDAL DE POESÍA. Exposición de traballos con poemas do alumnado dos centros escolares mindonienses, visitas de 11:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 21:30 h. no Auditorio Pascual Veiga.
-
ExpoLIBRO MONDOÑEDO
Feira dos libros na Praza Jaime Cabot de 11:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 20:30 h. Presentación de novidades editoriais de 2016 (Consulte o programa específico de ExpoLIBRO)./p> -
Ás 11:45 h. Saída da Casa do Concello da Raíña das Festas e as Damas xunto cos Cabezudos e o Grupo de música tradicional da S.C. “Ledicia” cara á Feira de Gando, percorrendo tanto
-
os postos de empanada na Alameda, como os de produtos do campo e demais postos na rúa. Máis tarde, o Grupo de Gaitas amenizará as rúas con música galega.
-
Ás 12:00 h. III OBRADOIRO de amasado artesanal, elaboración, enfornado e cocido da EMPANADA. Será unha actividade aberta a todas as persoas interesadas en coñecer o proceso de elaboración do pan e das empanadas, un dos produtos tradicionais de Mondoñedo.
-
Das 13:00 h. ás 14:00 h. V EDICION DAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CARNE DE POLDRO. Degustación de balde na Alameda dos Remedios, servida no Bar Polbería “O BIGOTES”.
-
Ás 13:45 h. No Campo da Feira terá lugar a ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE GANDO.
-
Ás 14:15 h. Sesión Vermú na Alameda coa ORQUESTRA PRINCIPAL.
-
MONDOÑEDO É POESÍA 2016 Recital poético-musical nas rúas e prazas coa seguinte orde e horarios:
Ás 18:00 h. Praza da Catedral.
18:30 h. Praza do Concello e
19:00 h. Praza Jaime Cabot. Interveñen: Margarita Bermúdez, Mateo Buján, Martiño Maseda, Moncho García, Mª José Fernandez, Raúl Costas, Xosé Ruíz Leivas, Antía Juncal e o coro “Mestre Pacheco”.
De 20:00 h. a 21.30 h. “Mondoñedo é poesía”. Recital poético musical no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”. Interveñen César Morán, Carmen Rodríguez Lage e o Coro “Mestre Pacheco” na parte musical; Darío Xohán Cabana, Antonio García Teijeiro, María Lado, Lucía Aldao, Martiño Maseda, Mª José Fernández, Mateo Buján, Raúl Costas, Antía Juncal na parte poética e Xosé Artiaga en videocreación. Presenta Dani García.
Colofón: Homenaxe a Manuel Fernández de Castro, Bispo de Mondoñedo entre 1890 e 1905, figura do rexurdimento da llingua, ao cumprirse 110 anos do seu pasamento. Este acto contará coa intervención do académico da Academia de la LLingua Asturiana, Xosé Ramón Iglesias Cueva.
De 20:30 h. a 22:00 h. Degustación de balde de carne de poldro galego na Alameda, no Bar-polbería O BIGOTES. Durante todo o día haberá degustación de tapas de EMPANADA nos locais de hostalaría da cidade. -
XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CARNE DE POLDRO NOS LOCAIS DE HOSTALARÍA MINDONIENSES, tapeo nos bares e mesóns da cidade con carne de poldro galego.
-
Ás 22.00 h. na Alameda dará comezo a festa – verbena coa Orquestra PRINCIPAL.