Programa As Quendas 2017
Venres, 28 de Abril de 2017
-
Ás 19:30h. O disparo de potentes bombas de palenque anunciará o comezo das Feiras e Festas de “As Quendas 2017”.
-
Ás 20:00h. Recepción da Pregoeira e Autoridades na Casa do Concello.
-
Ás 20:15h. A comitiva formada polas Autoridades, a Pregoeira, os membros da Comisión de Festas, a Raíña e as Damas das Festas, xunto cos Xigantes e Cabezudos e o Grupo de Gaitas “SOUTO XIMARO”, desprazaranse dende a Casa do Concello cara ao AUDITORIO MUNICIPAL PASCUAL VEIGA, onde terá lugar o PREGÓN pronunciado por SARA GONZÁLEZ GARCÍA, elixida mellor Enxeñeira Química xove de España, pola Real Academia de Enxeñaría.
-
A continuación, terá lugar a tradicional actuación do CORO MESTRE PACHECO DE MONDOÑEDO, da Escola Municipal de Música “O Pallarego”.
Sábado, 29 de Abril de 2017
-
Ás 10:30h. Saída do Campo da Feira da IV RUTA A CABALO “AS QUENDAS”. Inscrición: 20 €, (inclúe almorzo e xantar no bar polbería O Bigotes) Teléfono para as inscricións ata o xoves 28: 664 352 733. XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CARNE DE POLDRO NOS LOCAIS DE HOSTALERÍA MINDONIENSES, “tapeo” nos bares e mesóns da cidade con carne de poldro galego.
-
De 13:00h. a 14:00h. VI EDICIÓN DAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CARNE DE POLDRO GALEGO. Degustación de balde na Alameda dos Remedios, servida por xentileza bar-polbería O BIGOTES.
-
Ás 14:00h. Sesión Vermú na Alameda, amenizada pola ORQUESTRA TELEVISIÓN.
TENDAL DE POESÍA: Instalación de traballos con poemas dos alumnos/as dos centros escolares mindonienses, CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO e IES SAN ROSENDO, de 17:30h. a 21:30h. no Auditorio Pascual Veiga.
-
Ás 17:30h. Obradoiro de amasado para nenos e nenas, onde poderán facer os seus bolos e as súas fornadas, na Alameda. Colabora Pan de Mondoñedo.
-
Ás 19:15. Pasarrúas a cargo de Asociación de Gaitas Virxe do Camiño de León.
-
Ás 19:30h. Obra de teatro no Auditorio Municipal Pascual Veiga, a cargo da Compañía “OS QUINQUILLÁNS” co espectáculo “SIMBAD E A SEREA”. Entrada de balde.
-
De 20:00h. a 22:00h. Degustación de balde de carne de poldro galego na Alameda, servido por xentileza do bar-polbería O BIGOTES.
-
Ás 21:00h. Na Casa da Xuventude, CONCERTO de HUGO TORREIRO presentando o seu novo disco “Vuelvo a las Andadas”. Entrada de balde.
-
Ás 22:00h. Dará comezo a festa verbena coa música das orquestras TELEVISIÓN e CLAXXON na Alameda.
Domingo, 30 de Abril de 2016
-
Ás 10:30h. Disparo de potentes bombas. XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CARNE DE POLDRO NOS LOCAIS DE HOSTALARÍA MINDONIENSES, “tapeo” nos bares e mesóns da cidade con carne de poldro galego.
-
Ás 12:00 h. Na Alameda, Obradoiro de comida creativa e divertida para nenos e nenas, onde poderán practicar e elaborar as súas receitas dunha maneira lúdica e diferente.
-
Das 13:00h. ás 14:00h. VI EDICIÓN DAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CARNE DE POLDRO. Degustación de balde na Alameda dos Remedios, servido por xentileza no bar-polbería “O BIGOTES”.
-
Ás 14:00h. Sesión Vermú na Alameda, amenizada pola Orquestra LA FAVORITA.
-
De 17:30h. a 21:30h. no Auditorio Pascual Veiga. TENDAL DE POESÍA: Instalación de traballos con poemas dos alumnos/as dos centros escolares mindonienses, CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO e IES SAN ROSENDO,
-
Ás 17:30h. No recinto da Granxa, EXHIBICIÓN E CONCURSO HÍPICO DE SALTO, a cargo de Hípica Equs Caballetti (Lugo) e Centro Ecuestre Os Parrulos (A Coruña).
-
Ás 19:30h. Na Casa da Xuventude, mesa redonda “Que é un blog de viaxes e como podemos axudar ao sector turístico”. A viaxe fíxome a min.” Modera: José López de El viaje me hizo a mí.
-
Ás 20:00h. CONCERTO DO MÍTICO GRUPO GALEGO “A RODA” co espectáculo “XIRA 40 ANOS” no Auditorio Municipal Pascual Veiga. Entrada de balde.
-
De 20:30h. a 22:00h. Degustación de balde de carne de poldro galego na Alameda, servido polo Bar-polbería O BIGOTES.
-
Ás 22:00h. Dará comezo a festa verbena coa música das orquestras LA FAVORITA e COSTA OESTE na Alameda.
Luns, 1 de Maio de 2017
-
XXXIV FESTA DA EMPANADA
-
GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR VI XORNADAS DA CARNE DE POLDRO GALEGO MERCADO DE PRODUTOS DO CAMPO GALEGO MONDOÑEDO É POESIA
-
Á partir das 9:00h. GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR AS QUENDAS, no Campo da Feira.
-
Ás 10:00h. O disparo de potentes bombas anunciará o comezo do día grande das QUENDAS 2017. XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CARNE DE POLDRO NOS LOCAIS DE HOSTALARÍA MINDONIENSES, “tapeo” nos bares e mesóns da cidade con carne de poldro galego.
Durante todo o día haberá tamén degustación de tapas de EMPANADA nos locais de hostalaría da cidade.
-
Ás 11:30h. Na Alameda, IV edición do OBRADOIRO de amasado artesán: elaboración, enfornado e cocido da empanada. Será unha actividade aberta a todas as persoas interesadas en coñecer o proceso de elaboración do Pan e a Empanada, dous dos nosos produtos típicos. Pan de Mondoñedo.
-
Ás 11:45h. Saída da Casa do Concello da Raíña das Festas e as Damas xunto cos Cabezudos e o Grupo de Gaitas ” Cuarteto Tradicional Illa Pancha ” cara á Feira de Gando, percorrendo os postos de empanada na Alameda, os de produtos do campo e demais postos na rúa.
-
Ás 12:00h. Polas rúas da cidade, MIRCROMINA TÍTERES, presenta o espectáculo “CEGO CASUAL, COPLAS E BONECOS”. En caso de choiva, trasladarase á Casa da Xuventude.
-
Das 13:00h. ás 14:00h. VI EDICIÓN DAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CARNE DE POLDRO. Degustación de balde na Alameda dos Remedios, servido por xentileza no bar-polbería “O BIGOTES”.
-
Ás 13:30h. No Campo da Feira terá lugar a ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE GANDO.
-
Ás 14:00h. Sesión Vermú na Alameda coa
ORQUESTRA PRINCIPAL. -
De 17:30h. a 21:30h. no Auditorio Pascual Veiga. TENDAL DE POESÍA: Instalación de traballos con poemas dos alumnos/as dos centros escolares mindonienses, CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO e IES SAN ROSENDO.
-
MONDOÑEDO É POESÍA 2017 Nas rúas e prazas coa seguinte orde e horarios:
-
Ás 17:00h. Ofrenda-Homenaxe no centenario do nomeamente de Lence como cronista oficial de Mondoñedo no Cemiterio vello
-
Ás 17:30h. Praza do Concello. 18:00h. Praza da Catedral e 18:30h. Praza Jaime Cabot. Interveñen:
-
De 19:00h. a 20.30h. Recital “Mondoñedo é poesía”. Recital poético musical no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”. Interveñen: Ana Vila Portomeñe, Antón de Guizán, Antón Fortes, Carmen Lage Rodríguez, Carmen Rodríguez Lage, Daniel Irimia Vázquez, Eva García González, Eva Veiga, Manolo Rivas, Marta Dacosta, Miriam Ferradáns, Modesto Fraga, Montse González, Paloma Suanzes (música). Tamara Andrés, Trioliro Regueifeiros, Xabier Rodríguez Baixeras. Alumnos/as do IES SAN ROSENDO Alumnos/as do CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO
-
Ás 21:30h. Verbena a cargo da orquestra PRINCIPAL e TRIOLIRO REGUEIFEIROS.