Programa As Quendas 2018
SÁBADO, 28 DE ABRIL
Ás 19:30h.- O disparo de potentes bombas de palenque anunciará o comezo das Feiras e Festas de “As Quendas 2018”.
Ás 20:00h.- Recepción da Pregoeira e Autoridades na Casa do Concello.
Ás 20:15h.- A comitiva formada pola Pregoeira, Autoridades, os membros da Comisión de Festas, a Raíña e as Damas das Festas, xunto cos Xigantes e Cabezudos e o Grupo de Gaitas “SOUTO XIMARO”, desprazaranse dende a Casa do Concello cara ao AUDITORIO MUNICIPAL PASCUAL VEIGA, onde terá
lugar o PREGÓN pronunciado por RUTH CHAO, Directora e Produtora Audiovisual, premio Mestre Mateo. A continuación, terá lugar a tradicional actuación do CORO MESTRE PACHECO DE MONDOÑEDO, da
Escala Municipal de Música “O Pallarego”.
Acendido do arco conmemorativo dos cento vinte e cinco anos da chegada da luz eléctrica a Mondoñedo. Apertura das Pulperías da Alameda.
Nota: Fútbol. Mondoñedo F.C. – E.O. Lourenzá.Campo Viñas da Veiga.
DOMINGO, 29 DE ABRIL
Ás 11:30h.- I XUNTANZA DE VESPAS, LAMBRETTAS E MOTOS CLÁSICAS “AS QUENDAS”. Recepción no pazo de Santomé (antigo centro comarcal). Inscripción no teléf.: 689 008 073, prezo 10€, inclúe xantar no Bar-Polberia O Bigotes, proxección documental O meu avó tiña unha igual, Visita á exposición Juan Puchades, mestre de artistas que recolle unha selección de obras de antigos alumnos de Puchades , escultor valenciano que chegou a Mondoñedo en Vespa na década dos sesenta do pasado século. E logo paseo palas rúas da cidade ata a alameda.
De 13:00h. a 14:00h. e á noite de 20 :30h.a 22:00h: VII EDICIÓN DAS XORNADAS GASTRONÓMICAS
DA CARNE DE POLDRO GALEGO. Degustación de balde na Alameda dos Remedios, servida por xentileza de Bar-polbería O Bigotes e Puraga.
Ás 14:00h.- Sesión Vermú na Alameda, amenizada polo Grupo PK2.
Ás 17:00h.- No recinto da Granxa, EXHIBICIÓN E CONCURSO HÍPICO DE SALTO, a cargo de Hípica Equs de Lugo e Centros Ecuestres.
Ás 19:30h.- Obra de teatro no Auditorio Pascual Veiga,
a cargo da Compañía “DABOAPIPA” co espectáculo “Historias de Vida,Guerra,Amor e Case Marte”.Entrada de balde.
Ás 21:00h.- Dará comezo a festa verbena coa música das orquestras PK2 e LA FÓRMULA na Alameda.
LUNS, 30 DE ABRIL
De 13:00h. a 14:00h. e á noite de 20:30h. a 22:00h. Vll EDICIÓN DAS XORNADAS GASTRONÓMICAS
DA CARNE DE POLDRO GALEGO. Degustación de balde na Alameda dos Remedios, servida por xentileza de Bar-polbería O Bigotes e Puraga.
Ás 14:00h.- Sesión Vermú na Alameda, amenizada pola Orquestra PALLADIUM.
Ás 16:30h.- Obradoiro de reciclaxe para nenas e nenos, na Casa da Xuventude , Servizo de Medio Ambiente da Deputación de Lugo.
Ás 21:00h.- MONOLOGO XOSÉ A. TOURIÑÁN no
Auditorio Pascual Veiga. Entrada 5€, de venda na oficina de Turismo e en taquilla.
Ás 22:00h.- Dará comezo a festa verbena coa música das orquestras PALLADIUM e CLAXXON na Alameda.
MARTES 1DE MAIO
XXXV FESTA DA EMPANADA
GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR VII XORNADAS DA CARNE DE POLDRO GALEGO MERCADO DE PRODUTOS DO CAMPO GALEGO MONDOÑEDO É POESIA
Á partir das 9:00h.- GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR AS QUENDAS, no Campo da
Feira.
XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CARNE DE POLDR O NOS LOCAIS DE HOSTA LA R ÍA
MINDONIENSES, “tapeo” nos bares e mesóns da cidade e tapas de EMPANADA.
Ás 11:30h.- No Feiral diante da Alameda, V edición do OBRADOIRO DE AMASADO ARTESÁN:
elaboración, entornado e cocido da empanada. Será unha actividade aberta a todas as persoas interesadas en coñecer o proceso de elaboración do Pan e a Empanada, e mercalos, dous dos nasos produtos típicos. Pan de Mondoñedo.
Ás 11:45h.- Saída da Casa do Concello da Raíña das Festas e as Damas xunto cos Cabezudos e o Grupo de música tradicional “A FONTE DE MERLÁN” de
Palas de Rei cara á Feira de Gando, percorrendo os postas de venda de empanada , produtos do campo e demais postas na rúa.
Ás 12:00h.- Palas rúas da cidade, MIRCROMINA TÍTERES , presenta o espectáculo “RAIO DE LOUBICAN”.Encaso de choiva, trasladarase á Casa da Xuventude.
De 13:00h. a 14:00h. e á noite de 20:30h.a 22:00h. Vll EDICIÓN DAS XORNADAS GASTRONÓMICAS
DA CARNE DE POLDRO GALEGO. Degustación de balde na Alameda dos Remedios, servida por xentileza de Bar-polbería O Bigotes e Puraga.
Ás 13:30h.- No Campo da Feira terá lugar a ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE GANDO.
Ás 14:00h.- Sesión Vermú na Alameda coa ORQUESTRA PRINCIPAL.
MONDOÑEDO É POESÍA 2018
Nas rúas e prazas coa seguinte orde e horarios:
Ás 17:00h.: Praza do Seminario. 17:30h. Praza da Catedral e 18:00h. Praza Jaime Cabot. lnterveñen:
Félix Villares, Miguel Lustres, CEIP Álvaro Cunqueiro, Rondalla O Pallarego, Cherna Merino, Carmen Pavón Souto, Iría Rivas, Mancho Bauzas, Jaime Fernández, Belén Senín, Iris Carro, X. Ramón Sánchez, Carme Cociña e Javier F. Rauco.
De 18:30h.a 20.00h.- Recital “Mondoñedo é Poesía”. Recital poético musical no Auditorio Municipal “Pascual Veiga”. lnterveñen os poetas Oiga Novo, Ugía Pedreira, Lorena Souto, Chus Pato e Juan Carlos Mestre. Música de Miguel Lustres e Rebeca Maseda e Videopoemas de Eduardo Estévez e Ignacio Castro “Nachok”. Presenta Marina Oural Villapol.
Para celebrar a quinta edición do Mondoñedo é Poesía, a organización presentará un libro compilación das cinco edicións con datos biográficos e poemas dos 91 poetas que interviron desde o inicio deste recital poético musical no 2014. A portada do libro é obra de Xosé Vizoso e no interior canta con ilustracións de Bernardino Vidarte,Alicia Puchades, Ernesto González Tortarelo, Caxigueiro, Ignacio Castro “Nachok” e Antón Caxoto.
Todolos días, TENDAL DE POESÍA: Instalación de traballos con poemas dos alumnos/as dos centros escolares mindonienses, CEIP ÁLVARO CUNQUEIRO e IES SAN ROSENDO, de 18:30h. a 21:30h. no
Auditorio Pascual Veiga.
Ás 21:00h.Verbena a cargo da orquestra PRINCIPAL