Programa As San Lucas 2015
Día do Pregón
Venres, 16 de outubro 2015
-
As 13.00 h. Disparo de potentes bombas e volteo das campás maiores da S.I. Catedral Basílica anunciando o comezo das Feiras e Festas “As San Lucas 2015”.
-
As 19.30 h. Recepción oficial na Casa da Concello, do pregoeiro e autoridades.
-
As 20.00 h. Ofrenda Floral ante a tumba do Mariscal Pardo de Cela na Catedral, interpretará o Himno do Antigo Reino de Galicia o “Arco da Vella”. A continuación, representación teatral na praza da catedral, obra escrita e dirixida polo Dramaturgo Manuel Lourenzo “AS DONAS DO AR”. De seguido a comitiva e carroza das San Luqueiras, acompañadas polos xigantes e cabezudos e o grupo de gaitas, proseguirán cara ao Auditorio Pascual Veiga, onde terá lugar o PREGÓN das Festas, ás 20:30 h., que pronunciará JENARO CASTRO MUIÑA, Licenciado en Xornalismo, Director de informativos nos diarios de Televisión Española e Director e Presentador do programa Informe Semanal.
E como remate, actuación do CORO MESTRE PACHECO da Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo.
-
As 22:30 h. Lanzamento de potentes bombas que anunciarán a verbena na Alameda amenizada polas orquestras SINTONÍA DE VIGO e ORQUESTRA DA TELEVISIÓN.
Día das vésperas
Sábado, 17 de outubro 2015
-
As 11.15 h. Pasarrúas a cargo da “CHARANGA COMPOSTELA” acompañando ás San Luqueiras das Festas e ós cabezudos.
-
As 11.30 h. Apertura da inscrición para o CONCURSO MORFOLÓXICO DE CABALOS E EGUAS DE PURA RAZA GALEGA: “GRAN FINAL DA COPA GALICIA P.R.G.”. Coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Campo da Feira.
-
As 12.00 h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de Pura Raza Galega, Sección Sementais maiores de 3 anos.
-
As 12.45 h. Concurso Morfoló,ico de Cabalos de Pura Raza Galega, Sección Eguas maiores de 3 anos.
Premios: 1°- 120€; 2°- 90€; 3°- 60€; 4°- 30€; máis trofeo.
-
As 13.30 h. Entrega de premios do concurso. Entrega do Trofeo Institucional “Gran Premio da Excma. Deputación de Lugo”.
-
As 14.00 h. Sesión Vermú a cargo da Orquestra MIRAMAR.
-
As 16.00 h. Comezo do ENCONTRO DE MÚSICAS E BAILE TRADICIONAL polas principais rúas de Mondoñedo, coas seguintes agrupacións: “ARCO DA VELLA” de San Miguel, “ARUME” de Burela e a “BANDA DE GAITAS LA REINA DEL TRUÉBANO” Navia (Asturias)”. Confluíndo na Praza da Catedral, onde todos os grupos realizarán unha actuación.
-
As 17.00 h. Fútbol de 2ª Autonómica: Mondoñedo FC – Cabreiros, no Viñas da Veiga.
-
As 18.00 h. SEGUINDO A TRADICIÓN, A CHEGADA DOS CABALOS POLAS RÚAS ATA A FEIRA (colabora PURAGA). Retransmisión e información a través dunha pantalla xigante situada na Praza da Catedral.
Os gandeiros xuntan os cabalos que estiveron todo ano pacendo en liberdade nos montes da comarca e nunha manada tráenos para a feira. Como dicía Cunqueiro “A egua nai montada por un xinete, detrás os poldros fillos do vento coas greas o ar”, que patean as pedras das rúas, algunha seguro que é a mesma que pisaron os primeiros cabalos que pasaron en 1156.
-
As 19.00 h. PASO DOS CABALOS POLA PRAZA DA CATEDRAL. Preferentes lugares para ver o espectáculo en directo: Os Muíños, Rúa San Roque, Fonte Vella, Praza da Catedral, diante do Auditorio Municipal e chegada ao Campo da Feira.
-
As 19:30 h. TEATRO na Casa da Xuventude. O clube teatral ELSINOR presenta: “XENTE DE PÁLIDA PEL”, Flores de Álvaro Cunqueiro. Dirección de Manuel Lourenzo con: Cristina Fuentes, Manuel Lourenzo, Carme Martínez e Xosé Martínez .
-
As 21.00 h. MONÓLOGO de Xavier Veiga no Auditorio Pascual Veiga (Entrada 5€).
-
As 22.30 h. Na Alameda dos Remedios dará comezo a festa verbena amenizada polas Orquestras MIRAMAR e CLAXXON.
Día de As San Lucas
Domingo, 18 de outubro 2015
-
A partir das 8.00 h. “GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR AS SAN LUCAS”. Campo da Feira.
-
As 11.00 h. Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas “SOUTO XÍMARO”.
-
As 12.00 h. Recepción oficial no salón de Plenos da Casa do Concello á Corporación do Excmo. Concello de Ferrol con motivo do Acto de Irmanamento.
-
As 13.30 h. ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE GANDO no Campo da Feira.
-
As 14.15 h. Sesión Vermú coa ORQUESTRA FANIA.
-
As 16.30 h. Apertura da inscrición para o IV CONCURSO DE CABALOS TROTÓNS “As San Lucas”. No Recinto da Granxa.
-
As 17.00 h. IV CONCURSO DE CABALOS TROTÓNS
Premios: 1°- 110€; 2°- 90€; 3°- 70€; 4°- 50€; 5°- 30€; máis trofeo. 6°, 7° e 8° clasificados, trofeo.
Ao remate do Concurso entrega de premios e trofeos. Imprescindible presentarse co cabalo.
-
As 18.15 h. ESPECTÁCULO ECUESTRE “Camiño de Compostela” a cargo da Sección de Doma de Alta Escola de Galicia da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. No recinto da Granxa.
-
As 19.00 h. CONCERTO do Grupo de Música de Pop- Rock “LOS SECRETOS quinteto acústico” no Auditorio. Venda anticipada en www.abanca.com: 15 € e venda en taquilla 20 € (ata completar o aforo).
-
As 21.00 h. Agárdate en Mondoñedo o CONCERTO DE SES na Praza da Catedral. Entrada de balde.
-
As 22.00 h.Dará comezo a festa verbena amenizada polas Orquestras FANIA e JERUSALEN.
Día do Medio
Luns, 19 de outubro 2015
-
As 10.45 h. Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
-
As 11.45 h. Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas “AIRES DO PADORNELO” acompañando As San Luqueiras das Festas e os cabezudos.
-
As 11.30 h.Ao longo do feiral: Mircromina Títeres co espectáculo “O camiño de San Simeón”.
-
As 12.30. Misa solemne no aniversario da dedicación S.I. Catedral B. de Mondoñedo (1243) e clausura do Xubileo Teresiano, cantada polo “Coro Mindoniense”.
-
As 14.00 h. Sesión Vermú a cargo da Orquestra PALLADIUM.
-
As 17.00 h. Apertura das inscricións para as carreiras de andadura galega serrada e chapeada. Recinto de A Granxa.
-
As 17.30 h. CONCURSO DE ANDADURA GALEGA (LIBRE) nas modalidades Serrada e Chapeada (non poderán participar trotóns).
Concurso de ANDADURA GALEGA na modalidades de SERRADA (dous tempos).
Concurso de ANDADURA GALEGA na modalidades de CHAPEADA (catro tempos).
Premios: 1°- 80€; 2°- 60€; 3°- 50€; 4°- 30€ para cada modalidade e trofeo ou medalla. Ao acabar a proba, entrega de premios e trofeos. Imprescindible presentarse co cabalo.
-
As 19.00 h. Obra de teatro “AS LUCES DO CASELO” a cargo da compañía KATARSIS Educación Teatro School of Drama. Dirección Estíbaliz Veiga. No Auditorio Pascual Veiga.
-
As 21.00 h. Dará comezo a festa verbena amenizada polas Orquestras PALLADIUM e NUEVA GENERACION.
-
As 22.00 h. Temos algo moi especial, II EDICIÓN DO FESTIVAL “VOCES DA PAULA”, unha gala musical feita por mindonienses, na Alameda dos Remedios.