Programa As San Lucas 2016
Día do Pregón
Sábado, 15 de outubro 2016
-
Ás 13.00 h. Disparo de potentes bombas e volteo das campás maiores da S.I. Catedral Basílica anunciando o comezo das Feiras e Festas “As San Lucas 2016”.
-
Ás 20.00 h. Recepción oficial na Casa do Concello, da pregoeira e autoridades.
-
Ás 20.30 h. Descubrimento da praca homenaxe a Afonso VII na praza da Catedral. Neste acto a Comisión de Feiras e Festas de “As San Lucas” quere amosar a súa gratitude a Afonso VII por outorgarlle a Mondoñedo o título de cidade e o dereito á organizar unha feira anual de oito días (As San Lucas).
O grupo de Gaitas “O Arco da Vella” interpretará o Himno do Antigo Reino de Galicia. A continuación, a comitiva e a carroza das Sanluqueiras, acompañados polos xigantes e cabezudos e o grupo de gaitas, proseguirán cara ao Auditorio “Pascual Veiga”. Ás 20:45h. PREGÓN DAS FESTAS que pronunciará SUSANA RODRÍGUEZ GACIO, de pais Mindonienses, licenciada en Medicina, paratriatleta, Diploma Olímpico Río 2016.
Ao remate, actuación do CORO MESTRE PACHECO da Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo.
-
Ás 22.30 h. Lanzamento de potentes bombas que anunciarán a verbena na Alameda amenizada polas orquestras CLAXXON e LA OCA.
Domingo, 16 de outubro 2016
-
Ás 11.00 h. Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
-
Ás 11.15 h. Pasarrúas a cargo da agrupación de música tradicional AFC “A SUBELA”, acompañarán ás Sanluqueiras e os cabezudos. Ás 11.30 h. Apertura da inscrición para o CONCURSO MORFOLÓXICO DE CABALOS E EGUAS DE PURA RAZA GALEGA: “GRAN FINAL DA COPA GALICIA P.R.G.”. (Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega). Coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Campo da Feira.
-
Ás 12.00h. Reunión do xurado encargado de fallar o Premio Mondoñedo10 2016, modalidade Narrativa.
-
Ás 12.00h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de Pura Raza Galega, Sección Sementais maiores de 3 anos. Premios: 1°- 120€; 2°- 90€; 3°- 60€; 4°- 30€; máis trofeo.
-
Ás 12.45h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de Pura Raza Galega, Sección Eguas maiores de 3 anos. Premios: 1°- 120€; 2°- 90€; 3°- 60€; 4°- 30€; máis trofeo. Ás 13.30 h. Entrega de premios do concurso.
Entrega do Trofeo Institucional “Gran Premio da Excma. Deputación de Lugo”. O grupo de Gaitas A Subela interpretará o Himno Galego.
-
Ás 14.00 h. Sesión Vermú a cargo da Orquestra PRINCIPAL.
-
Ás 17:00 h. No Salón de Plenos do Concello, acto público no que se desenvolverán as seguintes actividades:
Entrega dun agasallo de agradecemento a Xosé Vizoso polos 50 anos de colaboración como debuxante e ilustrador de “As San Lucas”.
Homenaxe ás Irmandades da Fala no ano do centenario da súa fundación, a cargo de Emilio Xosé Ínsua
Acto de entrega do Premio Mondoñedo10 2016, modalidade Narrativa.
-
Ás 17:30 h. “A estaca de Bayron” de Mircromina Títeres. Un clásico moderno con cachiporra. Na praza da Catedral, se chove, na Casa da Xuventude. Tódolos públicos.
-
Ás 19:00 h. Concerto conxunto das gaiteiras: SUSANA SEIVANE e CRISTINA PATO nun espazo inédito, o interior da Catedral. Venda anticipada en http://entradas.abanca.com 12 € e venda en taquilla 15 € ata completar o aforo. Contarase tamén co grupo de música folk VAL DAS MOURAS.
-
Ás 21.30 h. Na Alameda dos Remedios dará comezo a festa verbena amenizada polas Orquestras PRINCIPAL e EL COMBO DOMINICANO.
Día das vésperas
Luns, 17 de outubro 2016
-
Ás 11.00 h. Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
-
Ás 14.15 h. Sesión Vermú a cargo da Orquestra JERUSALÉN.
-
Ás 18.00h. SEGUINDO A TRADICIÓN, A CHEGADA DOS CABALOS POLAS RÚAS ATA A FEIRA, retransmisión e información a través dunha pantalla xigante situada na Praza da Catedral.
Os gandeiros xuntan os cabalos que estiveron todo ano pacendo en liberdade nos montes da comarca e nunha manada tráenos para a feira. Como dicía Cunqueiro “A egua nai montada por un xinete, detrás os poldros fillos do vento coas greas o ar”, que patean as pedras das rúas, algunha seguro que é a mesma que pisaron os primeiros cabalos que pasaron en 1156.
-
Ás 19.00 h. PASO DOS CABALOS POLA PRAZA DA CATEDRAL. (Lugares preferentes para ver o espectáculo: Os Muíños, Rúa San Roque, Fonte Vella, Praza da Catedral, diante do Auditorio Municipal e chegada ao Campo da Feira)
-
Ás 21:30 h. Temos algo moi especial, III Edición do FESTIVAL VOCES DA PAULA, unha gala feita por Mindonienses, na alameda, ao seu remate continuará a verbena coa Orquestra JERUSALÉN.
Día de As San Lucas
Martes, 18 de outubro 2016
-
Á partir das 8.00 h. “GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR AS SAN LUCAS”. Campo da Feira.
-
Ás 11.30 h. Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas “SOUTO XIMARO” acompañando ás Sanluqueiras e os cabezudos ata a feira.
-
Ás 12.00 h. Recepción oficial no Salón de Plenos da Casa do Concello á Corporación do Excmo. Concello de Ferrol con motivo do Acto de Irmanamento.
-
Ás 13:30 h. ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE GANDO no Campo da Feira.
-
Ás 14:15 h. Sesión Vermú a cargo da orquestra PONTEVEDRA.
-
Ás 17.00 h. “Paiaso total” de duende Circo. Acrobacias, malabares de clown. Todolos públicos. Este espectáculo desenvolverase polo feiral e no caso de choiva, na Casa de Xuventude.
-
Ás 17.15 h. Pasarrúas a cargo do G. de Gaitas “SOUTO XÍMARO”.
-
Ás 17.30 h. “GRAN FESTIVAL ECUESTRE – As San Lucas 2016” a cargo das compañías: Club Hípico “Maspalomas” de Gran Canaria, “Alberto Borjas” de Burgos e a Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Exhibicións de Volteo, doma de alta escola, traballo en liberdade, exhibición de trenzado… Na Granxa.
-
Ás 19:30 h. MONÓLOGO de CARLOS BLANCO no Auditorio Pascual Veiga, Entrada 5€. Venda en taquilla.
-
Ás 21:30 h. MONÓLOGO de CARLOS BLANCO no Auditorio Pascual Veiga, Entrada 5€. Venda en taquilla.
-
Ás 21.00 h. Dará comezo a festa verbena amenizada polas Orquestras PONTEVEDRA e OS SATÉLITES.
Mércores, 19 de outubro 2016
-
Ás 11.00 h. Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
-
Ás 12.00 h. Exhibición de DEPORTE RURAL VASCO no Campo da Feira. Lanzamento de fardo, levantamento de pedras, tronzado e corte con brosa.
-
Ás 12:30h. Misa solemne celebrada polo Excmo. Sr. Bispo de Mondoñedo – Ferrol D. Luis Angel de las Heras Berzal, no aniversario da dedicación da S. I. Catedral B. de Mondoñedo (1243).
-
Ás 12.30 h. Pasarrúas a cargo de Agrupacións Musicais.
-
Ás 14:15 h. Sesión Vermú a cargo da orquestra GARIBALDI.
-
Ás 17.30 h. Exhibición de DEPORTE RURAL VASCO no Campo da Feira, no que se cortará a árbore máis grande dunha exhibición en Galicia, máis de 3m. de perímetro.
-
Ás 18:15 h. “Os soños na gaiola” de Títeres Alackan. Un achegamento da palabra poética de Manuel María ao público infantil e familiar. Na Casa da Xuventude. Entrada de balde. Ás 20:00 h. Conferencia do paleógrafo e profesor da Universidade de Oviedo, Miguel Calleja Puerta: “Cidade, mercado e feira: o privilexio de Afonso VII a cidade de Mondoñedo (1156)”. Na Casa da Xuventude.
-
Ás 21:00 h. REGUEIFA no Auditorio Pascual Veiga, a manifestación máis antiga do noso país da improvisación oral, TRIOLIRO REGUEIFEIROS. Entrada de balde.
-
Ás 21.30 h. Dará comezo a festa verbena amenizada polas Orquestras GARIBALDI e GRAN PARADA.
Xoves, 20 de outubro 2016
-
Ás 11.00 h. Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
-
Ás 14:30 h. Sesión Vermú a cargo da orquestra PALLADIUM.
-
Ás 15:00 h. XANTAR da Terceira Idade no Pavillón de Deportes. Amenizará a festa un Grupo Musical.
-
Ás 19:00 h. CONFERENCIA de Xosé Mouriño Cuba, Enxeñeiro Agrónomo, sobre “Alternativas agrarias na Mariña”. Casa da Xuventude.
-
Ás 20:00 h. ACTUACIÓN DO MAGO ROMARÍS, no Auditorio. Ás 22.00 h. Dará comezo a festa verbena amenizada pola Orquestra PALLADIUM.
Venres, 21 de outubro 2016
-
Ás 11.00 h. Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
-
Ás 14.30 h. Sesión Vermú a cargo da ORQUESTRA DA TELEVISIÓN.
-
Ás 17:00 h. Xogos celtas e xogos populares da Asociación O Cadaval, na Alameda.
-
Ás 18.30 h. Pasarrúas a cargo de “Os Festicultores”. Ás 20:30 h. Animación de Gaita Escola.
-
Ás 20:30 h. OBRA DE TEATRO no Auditorio, “os vellos non deben de namorarse” a cargo da compañía Katarsis teatro. Entrada de balde. Ás 22.00 h. Dará comezo a festa verbena amenizada pola ORQUESTRA DA TELEVISIÓN e PARÍS DE NOIA.
Sábado, 22 de outubro 2016
-
Ás 11.00 h. Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
-
Ás 11.00 h. Espectáculo-demostración de tallado artístico en madeira con motoserras, no Campo da Feira.
-
Ás 11.30 h. Xogos celtas e populares da Asociación O Cadaval na Alameda.
-
Ás 14.00 h. Sesión Vermú a cargo do Grupo TEKILA.
-
Ás 16:00 h. Espectáculo-demostración de tallado artístico en madeira con motoserras, no Campo da Feira.
-
Ás 17.00 h. Comezo do ENCONTRO DE MUSICAS E BAILE TRADICIONAL polas principais rúas de Mondoñedo, coas seguintes agrupacións: Banda de Gaitas “TOXOS E FRORES” de Ferrol, Banda de Gaitas “ABELLADEIRA” do Bierzo , Banda de Gaitas “VILA DE XIXÓN” e o “ARCO DA VELLA” de San Miguel. Confluíndo na Praza da Catedral, onde todos os grupos realizarán unha actuación.
-
Ás 20.00h. CONCERTO no Auditorio de MAYOR TOM E STILL RIVER. Entrada de balde.
-
Ás 22.00 h. Dará comezo a festa verbena amenizadas polas Orquestras GALILEA e Grupo TEKILA.
-
Ás 23.00 h. CONCERTOS na Praza da Catedral actuarán: DKB, XRIZ e FONSI NIETO.
Domingo, 23 de outubro 2016
-
Ás 11.00 h. Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
-
Ás 11.30 h. Apertura das inscricións para as carreiras de andadura galega serrada e chapeada. Recinto de A Granxa.
-
Ás 12.00 h. Pasarrúas a cargo da “CHARANGA COMPOSTELA”.
-
Ás 12.00 h. CONCURSO DE ANDADURA GALEGA (LIBRE) nas modalidades Serrada e Chapeada. (non poderán participar trotóns). Concurso de ANDADURA GALEGA na modalidade de SERRADA (dous tempos). Concurso de ANDADURA GALEGA na modalidade de CHAPEADA (catro tempos).
Premios: 1°- 80€; 2°- 60€; 3°- 50€; 4°- 30€ para cada modalidade e trofeo ou medalla. Ao acabar a proba, entrega de premios e trofeos. Imprescindible presentarse co cabalo.
-
Ás 12.15 h. CONTACONTOS na Praza da Catedral Caxoto cativo, no caso de choiva na Casa da Xuventude. Público infantil.
-
Ás 14.00 h. Sesión Vermú a cargo do Grupo FÉNIX.
-
ÁS 16.30 h. Pasarrúas a cargo da “CHARANGA COMPOSTELA”.
-
Ás 16:30 h. Apertura da inscrición para o V CONCURSO DE CABALOS TROTÓNS “As San Lucas”. Recinto de A Granxa.
-
Ás 17:15 h. V CONCURSO DE CABALOS TROTÓNS. Premios: 1°- 110€; 2°- 90€; 3°- 70€; 4°- 50€; 5°- 30€; máis trofeo. 6°, 7° e 8° clasificados, trofeo.
Ao remate do Concurso entrega de premios e trofeos. Imprescindible presentarse co cabalo. Recinto de A Granxa.
-
Ás 19:00 h. TEATRO no Auditorio. O clube teatral ELSINOR presenta: “LENDA ESCANDINAVA” (O primeiro Hamlet), Dirección de Manuel Lourenzo. Con: Cristina Fuentes, Manuel Lourenzo, Carme Martínez, Xosé Martínez e Xulia Miguel. Entrada de balde.
-
Ás 20.15 h. Sesión de Fogos Artificiais As San Lucas 860 aniversario. Lugares preferentes para velos Avda. As San Lucas e Alameda.