Programa As San Lucas 2018
Día das Vésperas
Mércores, 17 de Outubro 2017
-
Ás 13:00 h. Disparo de potentes bombas e volteo das campás maiores da S.I. Catedral B. anunciando o comezo das Feiras e Festas “As San Lucas 2017”.
-
Ás 14:00 h. XANTAR – BAILE no Pavillón Municipal de Deportes para a xente inscrita na Xuntanza da Terceira Idade. Ameniza Orquestra PRINCIPAL.
-
Ás 18:00 h. SEGUINDO A TRADICIÓN, A CHEGADA DOS CABALOS POLAS RÚAS ATA A FEIRA, retransmisión e información a través dunha pantalla xigante situada na Praza da Catedral.
Os gandeiros xuntan os cabalos que estiveron todo ano pacendo en liberdade nos montes da comarca e en reas tráenos para a feira. Como dixo Cunqueiro “A egua nai montada por un xinete, detrás os poldros fillos do vento coas greas ao ar”, que patean as pedras das rúas, algunha seguro que é a mesma que pisaron os primeiros cabalos que pasaron en 1156.
-
Ás 18:45 h. PASO DOS CABALOS POLA PRAZA DA CATEDRAL.
Lugares preferentes para ver o espectáculo en directo: Os Muíños, Rúa San Roque, Fontevella, Praza da Catedral, diante do Auditorio e chegada ao Campo da Feira.
-
Ás 20:00 h. Recepción oficial na Casa da Concello do pregoeiro e autoridades. De seguido, a comitiva e a carroza das Sanluqueiras dirixiranse á Catedral para a OFRENDA FLORAL na tumba do Mariscal Pardo de Cela. O Grupo de Gaitas “O Arco da Vella” interpretará o Himno do Antigo Reino de Galicia. A continuación, a comitiva continuará o percorrido cara ao Auditorio Pascual Veiga, onde terá lugar o PREGÓN DAS FESTAS.
-
Ás 20:45 h. PREGÓN a cargo do Reitor Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela ANTONIO LOPEZ DÍAZ. Cunha ampla traxectoria nos eidos académico e xurídico, estudou no Seminario Santa Catalina e no Instituto San Rosendo de Mondoñedo.
Como remate, actuación do CORO MESTRE PACHECO da Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo.
-
Ás 22:30 h. Festa verbena na Alameda coas orquestras PANORAMA e GRUPO PUNTO CLAVE.
Día de As San Lucas
Xoves, 18 de Outubro
-
A partir das 8:00 h. “GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR AS SAN LUCAS”. Campo da Feira.
-
Ás 11:15 h. Ruada a cargo do Grupo de Gaitas “SOUTO XÍMARO” na compaña das Sanluqueiras e cabezudos.
-
As 11:30 h. Inauguración das Casetas do Mercado de Agricultura Ecolóxica das San Lucas na rúa Bispo Sarmiento
-
Ás 12:00 h. Recepción oficial no Concello á Corporación do Concello de Ferrol con motivo do Acto de Irmandade.
-
Ás 12:30 h. Obra “A familia unida” de Mircromina Títeres no Feiral. En caso de choiva, na Casa da Xuventude.
-
Ás 13:30 h. ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE GANDO no Campo da Feira.
-
Ás 14:15 h. Sesión Vermú. Orquestra COMPOSTELA.
-
Ás 17:00 h. Ruada a cargo do Grupo de Gaitas “SOUTO XÍMARO”.
-
Ás 17:30 h. Apertura das inscricións para as carreiras de andadura galega. Recinto A Granxa.
-
Ás 18:00 h. CONCURSO DE ANDADURA GALEGA (LIBRE) NO RECINTO DA GRANXA, nas modalidades SERRADA (dous tempos) e CHAPEADA (catro tempos). Non poderán participar trotóns.
Premios: 1°- 80€; 2°- 60€; 3°- 50€; 4°- 30€ para cada modalidade. Ao acabar a proba, entrega de premios e trofeos. Imprescindible presentarse co cabalo.
-
Ás 20:00 h. QUICO CADAVAL conta “A Sombra das palabras”, no Auditorio Pascual Veiga. Entrada de balde.
-
Ás 21:00 h. Espectáculo de Doma Nocturna con JAVIER SIMON e TOÑO SERRANO na Praza da Catedral.
-
Ás 21:15 h. Festa verbena na Alameda coas Orquestras COMPOSTELA e LOS SATÉLITES.
Venres, 19 de Outubro
-
Ás 11:00 h. Esculturas con motoserras. Eugenio Linares. Campo da Feira.
-
Ás 11:15 h. Xogos celtas e populares da Asociación “O Cadaval” na Alameda.
-
Ás 11:45 h. Demostración de Ferrado tradicional e Forxa de ferraduras a cargo de Noel Cortón, no campo da feira.
-
Ás 12:00 h. Pasarrúas a cargo da “Charanga Era Visto” de Antas de Ulla.
-
Ás 12:30 h. Misa solemne no aniversario da DEDICACIÓN S.I. Catedral B. de Mondoñedo (1243).
-
Ás 14:15 h. Sesión Vermú. Orquestra PRINCIPAL.
-
Ás 16:15 h. Demostración de Ferrado tradicional e Forxa de ferraduras a cargo de Noel Cortón, no campo da feira.
-
Ás 17:30 h. Ruada a cargo da “Charanga Era Visto”.
-
Ás 18:00 h. Espectáculo de maxia no Auditorio.
-
Ás 19:00 h. Teatro polas ventás das rúas Bispo Sarmiento e Progreso.
-
Ás 19:59 h. Espectáculo de Doma “Cabalo Galego e Amigos” na Praza da Catedral. Homenaxe a Álvaro Cunqueiro.
-
Ás 21:30 h. Espectáculo de Doma Nocturna con JAVIER SIMON e TOÑO SERRANO na Praza da Catedral.
-
Ás 22:00 h. Festa verbena na Alameda coas Orquestras PRINCIPAL e PARIS DE NOIA.
Sábado, 20 de Outubro
-
Ás 11:00 h. Ruada do grupo “O XOGARAL” de Burela.
-
Ás 11:00 h. Apertura da inscrición para o CONCURSO MORFOLÓXICO DE CABALOS E EGUAS DE PURA RAZA GALEGA: “GRAN FINAL DA COPA GALICIA P.R.G.”. Coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Campo da Feira.
-
Ás 11:30 h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de P.R.G. Sección Sementais maiores de 3 anos.
Premios: 1°- 120€; 2°- 90€; 3°- 60€; 4°- 30€; máis trofeo.
-
Ás 12:30 h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de P.R.G., Sección Eguas maiores de 3 anos.
Premios: 1°- 120€; 2°- 90€; 3°- 60€; 4°- 30€; máis trofeo.
-
Ás 13:00 h. Entrega de premios e do Trofeo Institucional “Gran Premio Deputación de Lugo”. O grupo de música tradicional “O XOGARAL” interpretará o himno galego.
-
Ás 13:30 h. Segunda xuntanza de TRACTORES CLÁSICOS, no Campo da Feira. AGAMAC.
-
Ás 14:15 h. Sesión Vermú.Orquestra LA FAVORITA.
-
Ás 17:00 h. Partido de Fútbol. Mondoñedo FC – SD Guitiriz
-
Ás 17:30 h. ENCONTRO FOLCLÓRICO cos grupos: AZOUGUE, de Betanzos; SANTA COLUMBA DE RIBADELOURO, de Tui; o ARCO DA VELLA, de San Miguel; HÉLIOS DE FIGUEIREDO de Braga (Portugal). Praza da Catedral.
-
Ás 20:00 h. Obra de Teatro “O Palco e as Lúas”, representada polo Clube Teatral Elsinor, no Auditorio Pascual Veiga. Entrada de balde.
-
Ás 21:30 h. Festa verbena na Alameda coas orquestras ISRAEL e LA FAVORITA.
-
Ás 22:30 h. Gran Concerto do GRUPO EXTRA na Praza da Catedral, dentro da súa Xira EUROTOUR 2018. Co grupo WLADI PAZ- bachata and more de teloneiros.
Domingo, 21 de Outubro
-
Ás 11:30 h. HOMENAXE A PASCUAL VEIGA. A Asociación As San Lucas xunto coa Fundación Pondal farán unha ofrenda floral diante o seu mausoleo no Cemiterio Vello.
-
Ás 12:15 h. ACTO DE ENTREGA DO PREMIO MONDOÑEDO10 2018, MODALIDADE TEATRO. No Auditorio Pascual Veiga.
O grupo de teatro da A.C. Alexandre Bóveda, representará dúas breves pezas teatrais de Álvaro Cunqueiro: “Xan, o bo conspirador” e ” A dama que enganada por un demo elegante quixo mercarlle ao vento a perdiz que falaba”.
-
Ás 14:15 h. Sesión Vermú. Orquestra PALLADIUM.
-
Ás 16:30 h. Apertura da inscrición para o VII CONCURSO DE CABALOS TROTÓNS “As San Lucas”. A Granxa.
-
Ás 17.00 h. VII CONCURSO DE CABALOS TROTÓNS “As San Lucas”.
Premios: 1°- 110€; 2°- 90€; 3°- 70€; 4°- 50€; 5°- 30€; máis trofeo. e os 6°, 7° e 8°, trofeo.
Ao remate do Concurso, entrega de premios e trofeos. Imprescindible presentarse co cabalo.
-
Ás 20:00 h. CONCERTO ÚNICO: CARLOS NÚÑEZ no interior da CATEDRAL de MONDOÑEDO. Venda de entradas en entradas.ataquilla.com. Prezo: 20 € ata completar o aforo.
-
Ás 21:30 h. Festa verbena na Alameda amenizada pola Orquestra PALLADIUM.
-
Durante todos os días estará a exposición MARIA JOSEFA WONERBURGUER “Mulleres na Ciencia”, da Secretaría de Igualdade. Auditorio Pascual Veiga