Programa As San Lucas 2019
Día das Vésperas
Xoves, 17 de Outubro 2019
-
13:00 h. Disparo de potentes bombas e volteo das campás maiores da S.I. Catedral B. anunciando o comezo das Feiras e Festas As San Lucas 2019.
-
14:00 h. XANTAR-BAILE no Pavillón Municipal de Deportes para a xente inscrita na Xuntanza da Terceira Idade, Orquestra PRINCIPAL.
-
18:00 h. SEGUINDO A TRADICIÓN, A CHEGADA DOS CABALOS POLAS RÚAS ATA A FEIRA, retransmisión e información a través dunha pantalla xigante situada na Praza da Catedral.
Os gandeiros xuntan os cabalos descendentes dos que tiñan os celtas que viven en liberdade nos montes da comarca e en reas tráenos para a feira. Como dicía Cunqueiro “A egua nai montada por un xinete, detrás os poldros fillos do vento coas greas ao ar”, orgullosos pasan pola Praza da Catedral e as rúas camiño da feira, seguindo a tradición dende 1156.
-
18:45 h. PASO DOS CABALOS POLA PRAZA DA CATEDRAL.
Lugares preferentes para ver o espectáculo en directo: Os Muíños, Rúa San Roque, Fonte Vella, Praza da Catedral, diante do Auditorio Pascual Veiga e chegada ao Campo da Feira.
-
20:00 h. Recepción no Concello do pregoeiro e autoridades. De seguido, a comitiva e a carroza das Sanluqueiras dirixiranse á Catedral para a OFRENDA FLORAL na tumba do Mariscal Pardo de Cela. O Grupo de Gaitas “O Arco da Vella” interpretará o Himno do Antigo Reino de Galicia. A continuación, a comitiva continuará o percorrido cara ao Auditorio Pascual Veiga, onde terá lugar o PREGÓN DAS FESTAS.
-
20:45 h. PREGÓN a cargo de MANUEL LOURENZO, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor e actor de teatro, cine e televisión, Premio Nacional de literatura Dramática (1997), Premio Nacional das Artes Escénicas (2008), creador da Escola Teatral Casa Hamlet, Profesor Honoris Causa pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD). Estudoso da obra de Álvaro Cunqueiro.
Como remate, actuación do CORO MESTRE PACHECO da Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo.
-
22:30 h. Festa verbena na Alameda coas orquestras PANORAMA e GRUPO BEATRIZ.
Día das San Lucas
Venres, 18 de Outubro 2019
-
8:00 h. “GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR AS SAN LUCAS”. Campo da Feira.
-
11:15 h. Ruada a cargo do Grupo de Gaitas “SOUTO XÍMARO” na compaña das Sanluqueiras e cabezudos.
-
11:30 h. Obra “Móvense os marcos?” de Mircromina Títeres no Feiral. En caso de choiva, na Casa da Xuventude.
-
12:00 h. Recepción oficial no Concello á Corporación de Ferrol, Acto de Irmandade.
-
13:30 h ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE GANDO no Campo da Feira.
-
14:00 h. Sesión Vermú Orquestra PALLADIUM.
-
17:00 h. Ruada a cargo do Grupo de Gaitas “SOUTO XÍMARO”.
-
17:00 h. Apertura das inscricións para as carreiras de andadura galega. Recinto A Granxa.
-
17:30 h. CONCURSO DE ANDADURA GALEGA (LIBRE) NO RECINTO DA GRANXA, nas modalidades SERRADA (dous tempos) e CHAPEADA (catro tempos). Non poderán participar trotóns.
Premios: 1°- 80€; 2°- 60€; 3°- 50€; 4°- 30€ para cada modalidade. Ao acabar a proba, entrega de premios e trofeos. Imprescindible presentarse co cabalo.
-
19:00 h. Breve avance do espectáculo de Doma Nocturna na Praza da Catedral.
-
20:30 h. Obra de Teatro “MÚSICA VESPERTINA” Xentes de Álvaro Cunqueiro, dirixida por Manuel Lourenzo, representada polo Club Teatral Elsinor, Intervintes: Carme Martínez, Xosé Martinez, Margot Reinoso, Daniel Otero, e Manuel Lourenzo, no Auditorio Pascual Veiga. Entrada de balde.
-
22:30 h. Festa verbena na Alameda coas orquestras PALLADIUM e OLYMPUS.
-
23:00 h. ESPECTÁCULO DE DOMA NOCTURNA con JAVIER SIMÓN, TOÑO SERRANO e FLORÍN HARABOR na Praza da Catedral.
-
23:00 h. Festa 10° Aniversario disco-móvil EVENTEC cos seus DJ·S habituais na Praza do Concello.
Sábado, 19 de Outubro 2019
-
11:30 h. Catedral – Celebración dos 800 anos das obras da S.I CATEDRAL B. e inauguración da Exposición conmemorativa.
-
12:30 h. Eucaristía solemne no aniversario da DEDICACIÓN S.I. Catedral B. de Mondoñedo.
-
11:30 h. Apertura da inscrición para o CONCURSO MORFOLÓXICO DE CABALOS E EGUAS DE PURA RAZA GALEGA: “GRAN FINAL DA COPA GALICIA P.R.G.”. Coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Campo da Feira.
-
11.45 h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de P.R.G., Sección Sementais maiores de 3 anos
Premios: 1°- 120€; 2°- 90€; 3°- 60€; 4°- 30€; máis trofeo.
-
12:30 h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de P.R.G., Sección Eguas maiores de 3 anos.
Premios: 1°- 120€; 2°- 90€; 3°- 60€; 4°- 30€; máis trofeo.
-
13:30 h. Entrega de premios e do Trofeo Institucional “Gran Premio Deputación de Lugo”. O grupo de música tradicional “Entre Lusco e Fusco” interpretará o Himno Galego.
-
14:00 h. Terceira xuntanza de TRACTORES CLÁSICOS no Campo da Feira. AGAMAC.
-
14:15 h. Sesión Vermú a cargo da orquestra ARAMIO.
-
17:00 h. ENCONTRO FOLCLÓRICO cos grupos: BANDA DE GAITES DE CORVERA, Asturies OS MISTURAS de San Cibrao; o ARCO DA VELLA, de San Miguel. Praza da Catedral.
-
17:30 h. Partido de fútbol. Derby do Fiouco. Mondoñedo FC-Abadín CF.
-
20:00 h. FESTIVAL INTERCÉLTICO AS SAN LUCAS, de balde, na Praza da Catedral.
-
20:00 h: Dende as torres da Catedral, actuación dun grupo de gaiteir@s da comarca, dará comenzo o Festival Intercéltico.
-
20:15 h. BRAS RODRIGO
-
21:15 h. PROXECCIÓN VIDEOMAPPING NA FACHADA DA CATEDRAL. Conmemoración do 800 aniversario da súa construción.
-
21:30 h. XABIER DIAZ e ADUFEIRAS DE SALITRE
-
22:30 h. Festa verbena na Alameda coas orquestras ARAMIO e CLAXXON.
-
23:00 h. PROXECCIÓN VIDEOMAPPING NA FACHADA DA CATEDRAL “AS SAN LUCAS PATRIMONIO INMATERIAL”.
-
23:15 h. ACTUACIÓN DO GRUPO irlandés LUNASA
-
00:30 h. PROXECCIÓN VIDEOMAPPING NA FACHADA DA CATEDRAL. INTERCÉLTICO AS SAN LUCAS NO CAMIÑO.
-
00.40 h. Actuación do grupo bretón GWENDAL.
Domingo, 20 de Outubro 2019
-
11:30 h. Homenaxe a Noriega Varela, no 150 aniversario do seu nacemento, rúa Noriega Varela.
-
12:00 h. Homenaxe a Pascual Veiga no Cemiterio Vello. Irmanamento Asociación As San Lucas / Fundación Pondal e ofrenda floral no Cemiterio Vello.
-
12:30 h. Acto de entrega do Premio Mondoñedo10 2019, modalidade Ensaio. No Auditorio Pascual Veiga. Lembranza de Alicia Tella-Villamarín Ferreiro.
Continuación da Homenaxe a Noriega Varela coa interpretación dos poemas Canción humilde e As froliñas dos toxos, musicados por Xan Carballal e interpretados na voz de Xulia Nogueira.
-
14:15 h. Sesión vermú a cargo da orquestra LA OCABAND.
-
16:00 h. Apertura da inscrición para o VIII CONCURSO DE CABALOS TROTÓNS “As San Lucas”. Recinto A Granxa.
-
16:30 h. VIII CONCURSO DE CABALOS TROTÓNS “As San Lucas”.
Premios: 1°- 110€; 2°- 90€; 3°- 70€; 4°- 50€; 5°- 30€; máis trofeo. E os 6°, 7° e 8°, trofeo.
Ao remate do concurso, entrega de premios e trofeos. Imprescindible presentarse co cabalo.
-
18:30 h. Monólogo de ALEX CLAVERO no Auditorio Pascual Veiga. Venda de entradas en entradas: www.woutick.es. Prezo: 10 € ata completar o aforo.
-
20:00 h. Festa verbena na Alameda amenizada pola orquestra LA OCABAND e OS SATÉLITES.