Programa As San Lucas 2020
ENTRADAS -INVITACIÓNS
Sábado, 17 de Outubro 2020
- ÁS 20.15 h. PROXECCIÓN VIDEOMAPPING NA FACHADA DA CATEDRAL AS SAN LUCAS NA HISTORIA (aforo limitado)
- ÁS 20.30 h. XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA – Concerto As San Lucas no Camiño Praza da Catedral, (aforo limitado)
- ÁS 23.00 h. PROXECCIÓN VIDEOMAPPING NA FACHADA DA CATEDRAL AS SAN LUCAS NA HISTORIA, e AS SAN LUCAS NO CAMIÑO (aforo limitado)
Oficina de Turismo de Mondoñedo
Telf. 982 507 177
E-mail: entradas@assanlucas.es
As San Lucas, con nós, ano tras ano e dende 1156.
Suman, exactamente, 864 anos ininterrompidos de feiras, festas, cultura e tradición. Unha continuidade que lle outorga ás San Lucas un gran valor e unha recoñecida identidade, converténdose nas feiras que levan Mondoñedo máis alá das fronteiras.
A responsabilidade persoal e colectiva que debe primar ante as actuais circunstancias sanitarias, obríganos a modificar e reducir o programa de actividades para esta edición, cinguíndose, de xeito exclusivo, a aquelas actuacións nas que se garanta a seguridade dos cidadáns.
O mestre Xosé Vizoso creou de novo o cartel anunciador destas San Lucas 2020, que quedará na historia en lembranza dunhas festas que, adaptándose ao contexto actual, buscan conxugar o obxectivo primordial de preservar o coidado da saúde co desexo de manter no tempo unha tradición de case 900 anos.
Día do Pregón
Venres, 16 de Outubro 2020
-
Ás 13:00 h. Disparo de potentes bombas e volteo das campás maiores da S.I. Catedral B. anunciando o comezo das Feiras e Festas “As San Lucas 2019.
-
Ás 20:00 h. Recepción á carón da placa homenaxe a Afonso VII, nos xardíns de Cunqueiro, ao Pregoeiro, Sanluqueiras, autoridades e a toda a veciñanza (aforo limitado), acto seguido lectura do manifesto ao Mariscal Pardo de Cela, ante o o seu monolito, a cargo de Xulia Nogueira, directora do Coro Mestre Pacheco. O Grupo de Gaitas “O Arco da Vella” interpretará o Himno do Antigo Reino de Galicia. De seguido farase a ofrenda floral na tumba do Mariscal, sita na Catedral.
A continuación, a comitiva continuará o percorrido cara ao Auditorio Pascual Veiga, onde terá lugar o PREGÓN DAS FESTAS.
-
Ás 20:45 h. PREGÓN a cargo de XAN CARBALLAL, director da Escola Municipal de Música ” O Pallarego”, galardoado nos XLII Premios da Crítica de Galicia no 2019, no eido musical.
Como remate, actuación do CORO MESTRE PACHECO da Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo.
Día das Vesperas
Sábado, 17 de Outubro 2020
-
Ás 11:00 h. IX CONCURSO DE CABALOS TROTÓNS “As San Lucas”. No recinto de A Granxa. (Aforo limitado) Premios: 1º- 110€; 2º- 90€; 3º- 70€; 4º- 50€; 5º- 30€; máis trofeo, e os 6º, 7º e 8º, trofeo.
Ao remate do Concurso, entrega de premios e trofeos. Imprescindible presentarse co cabalo.
-
Ás 11:45 h. Ruada da CHARANGA BB+
-
Ás 14:15 h. Actuación musical na Alameda coa CHARANGA BB+.
-
Ás 17:00h. ENCONTRO FOLCLÓRICO cos grupos: BANDA DE GAITAS LA REINA DEL TRUÉBANO de Navia; BANDA DE GAITAS DAMBARA, de Burela; o ARCO DA VELLA, de San Miguel. Pasarúas e pequenas actuacións en distintos lugares da cidade.
-
ÁS 20:15 h. PROXECCION VIDEOMAPPING NA FACHADA DA CATEDRAL AS SAN LUCAS NA HISTORIA (aforo limitado), entradas-invitacións na oficina de turismo.
-
ÁS 20:30 h. XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA – Concerto As San Lucas no Camiño Praza da Catedral, (aforo limitado) entradas-invitacións na oficina de turismo.
-
ÁS 22:00 h. PROXECCIÓN VIDEOMAPPING NA FACHADA DA CATEDRAL AS SAN LUCAS E O CAMIÑO DE SANTIAGO.
-
Ás 22:00 h. VOCES DA PAULA NA ALAMEDA (aforo limitado)
-
ÁS 23.00 h. PROXECCION VIDEOMAPPING NA FACHADA DA CATEDRAL AS SAN LUCAS NA HISTORIA, e AS SAN LUCAS NO CAMIÑO (Aforo limitado), entradas-invitacións na oficina de turismo.
Dia de As San Lucas
Domingo, 18 de Outubro 2020
-
Ás 11:30 h. Ruada dos grupos de música tradicional “DONAIRE” da Coruña e a “ASOCIACIÓN CULTURAL A REBOLAXE” de San Cibrao.
-
Ás 11:45 h. “TITERES NA RUA” de Mircromina Títeres
-
Ás 11:45 h. Apertura da inscrición para o CONCURSO MORFOLÓXICO DE CABALOS E EGUAS DE PURA RAZA GALEGA: “GRAN FINAL DA COPA GALICIA P.R.G.”. Coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Na Granxa.
-
Ás 12:00 h. Acto de Irmanamento Mondoñedo-Ferrol, Salón de Plenos (aforo limitado).
-
Ás 12:00 h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de P.R.G. Sección Sementais maiores de 3 anos. Premios: 1º- 120€; 2º- 90€; 3º- 60€; 4º- 30€; máis trofeo.
-
Ás 12:30 h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de P.R.G., Sección Eguas maiores de 3 anos. Premios: 1º- 120€; 2º- 90€; 3º- 60€; 4º- 30€; máis trofeo.
-
Ás 12:45 h. Homenaxe a Pascual Veiga no cemiterio vello. Irmanamento Asociación As San Lucas – Fundación Pondal, e ofrenda floral diante o seu mausoleo no Cemiterio Vello, o grupo de música tradicional “DONAIRE” interpretará o himno galego.
-
Ás 13:15 h. Exhibición de Doma e funcionalidade dos cabalos de pura raza galega do programa FEDEAR, por xentileza da asociación pura raza cabalo galego, Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura.
-
Ás 13:45 h. Entrega de premios do Trofeo Institucional “Gran Premio Deputación de Lugo”. O grupo de música tradicional “A REBOLAXE” interpretará o himno galego.
-
Ás 14:15 h. Actuación musical na alameda PREMIUM Live Music. (Aforo limitado).
-
Ás 16:00 h. Apertura das inscricións para as carreiras de andadura galega. Recinto A Granxa.
-
Ás 16:30 h. CONCURSO DE ANDADURA GALEGA (LIBRE) NO RECINTO DA GRANXA, nas modalidades SERRADA (dous tempos) e CHAPEADA (catro tempos). (Non poderán participar trotóns).
Premios: 1º- 80€; 2º- 60€; 3º- 50€; 4º- 30€ para cada modalidade. Ao acabar a proba, entrega de premios e trofeos. Imprescindible presentarse co cabalo.
-
Ás 17:30 h. No Pazo de San Tomé, Documental-charla do equipo de arqueólogos e técnicos da Exposición RIBADEO O QUE A RIA ESCONDE, e clausura de dita exposición.
-
Ás 17:45 h. Ruada a cargo do Grupo de Gaitas “SOUTO XÍMARO”.
-
ÁS 19:00 h. Presentación do libro “CONTRAHISTORIAS DE GALICIA”, de Antonio Reigosa, cronista oficial da cidade, no Auditorio Pascual Veiga. Ata completar aforo.
-
Ás 20:00 h. Actuación musical na Alameda amenizada por PREMIUM Live Music (Aforo Limitado)
-
ÁS 21:00 h. Sesión de Fogos Artificiais As San Lucas, poderán verse dende calquera lugar da cidade.
Dia do Medio
Luns, 19 de Outubro 2020
-
Ás 12:00 h. Misa solemne, presidida polo Excmo. Sr. Bispo da Diocese Mondoñedo-Ferrol, no aniversario da DEDICACIÓN da S.I. CATEDRAL B. de Mondoñedo (1243).
-
Ás 12:30 h. Ruada a cargo do Grupo de Gaitas “FOLES DE VIVEIRO”.
-
Ás 14:00 h. Actuación musical na alameda Dúo AROMA.
-
Ás 19:00 h. Ilusionista “Fani Triana” Auditorio Pascual Veiga (apertura 18:45) no Auditorio Pascual Veiga. Ata completar aforo.
-
Ás 20:00 h. Actuación musical na Alameda amenizada pola Dúo AROMA.
Dia das Maulas
Martes, 20 de Outubro 2020
-
ÁS 20:00 h. MIRAGRES, CANTIGAS de AFONSO X de Loor a Santa María, de Mircromina Títeres, no Auditorio Pascual Veiga. Ata completar aforo.
Os actos a celebrar no auditorio, hai que recoller as invitacións na oficina de turismo.
As actividades desenvolveranse aplicando a normativa do protocolo Covid vixente, uso obrigatorio de máscaras, haberá dispensadores de Xel hidroalcohólico