Programa As San Lucas 2021
As San Lucas, con nós, ano tras ano e dende 1156.
O mestre Xosé Vizoso creou de novo o cartel anunciador destas San Lucas 2021. Unha obra de arte que ano tras ano capta de maneira maxestuosa a esencia das San Lucas e que nesta ocasión reflicte tamén cun moi bo saber facer, o principal obxectivo que moveu á Asociación organizadora das festas tanto o pasado ano, como este: acadar o mellor equilibrio posible entre o coidado da saúde e o mantemento da nosa tradición.
Neste 2021, suman, exactamente, 865 anos ininterrompidos de feiras, festas, cultura e tradición. Esta continuidade no tempo, fai que os mindonienses poidamos con orgullo celebrar a feira máis antiga de Galicia e unha das de máis tradición de toda Europa.
Por iso, e con estas dúas premisas (a de garantir a seguridade cidadá e a de cultivar a nosa historia), conformamos una programación, que pese a verse incrementada en número de actividades respecto á pasada edición e, polo tanto, mellorar o seu atractivo, tamén inclúe certas limitacións n a non celebración de determinados actos.
Subimos un chanzo, co desexo de no vindeiro ano poder recuperar todas as actividades que forman parte da historia das San Lucas, e que lle deron co paso do tempo unha identidade propia, que permite levar Mondoñedo a través das fronteiras.
Día do Pregón
Venres, 15 de Outubro 2021
Ás 13.00 h. Disparo de potentes bombas e volteo das campás maiores da S.I. Catedral B. anunciando o comezo das Feiras e Festas “As San Lucas 2021“.
Ás 20.15 h. Recepción á carón da placa homenaxe a Afonso VII, nos xardíns de Cunqueiro, á Pregoeira, Sanluqueiras, autoridades e a toda a veciñanza (aforo limitado). Acto seguido, lectura do manifesto do Mariscal Pardo de Cela, ante o seu monolito, a cargo de Xan Ramón Fernández Pácios, cronista oficial de Foz. O Grupo de Gaitas “O Arco da Vella” interpretará o Himno do Antigo Reino de Galicia. De seguido farase a ofrenda floral na tumba do Mariscal, sita na Catedral.
A continuación, seguirase o percorrido cara ao Auditorio Pascual Veiga, onde terá lugar o PREGÓN DAS FESTAS
Ás 21.15 h. PREGÓN a cargo de SONIA VILLAPOL SALGADO, Neurocientífica, profesora e investigadora no Texas Medical Center de Houston (EUA). Nacida no concello veciño de A Pastoriza, de nena, ”agardaba con devezo” a chegada das San Lucas. A doutora Villapol ademáis de establecer unha ponte entre concellos irmáns a través da fantasía Cunqueirana, fará un percorrido por outras pandemias que pasaron por Mondoñedo, persoeiros da cultura e da medicina, e as pegadas que deixaron en nós.
Como remate, actuación do CORO MESTRE PACHECO da Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo.
Sábado, 16 de Outubro 2021
Ás 11.00 h. Ruada a cargo do Grupo Gaitas de Tovar de Lourenzá.
Ás 11.30 h. Apertura da inscrición para o CONCURSO MORFOLÓXICO DE CABALOS E EGUAS DE PURA RAZA GALEGA: GRAN FINAL DA “XX COPA
GALICIA P.R.G.”. Coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Na Granxa.
Ás 12.00 h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de P.R.G. Sección Sementais maiores de 3 anos Premios: 1º- 120€; 2º- 90€; 3º- 60€; 4º- 50€
Ás 12.30 h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de P.R.G., Sección Eguas maiores de 3 anos. Premios: 1º- 120€; 2º- 90€; 3º- 60€; 4º- 50€ Entrega de premios do Trofeo Institucional “Gran Premio Deputación de Lugo”. O grupo de música tradicional Gaitas de Tovar interpretará o Himno galego.
Ás 13.00 h. Exhibición de Doma de Alta Escola dos cabalos de pura raza galega do programa FEADER, ofrecida por xentileza da asociación pura raza cabalo galego, Xunta de Galicia, Ministerio de Agricultura e programa Europeo FEADER “Europa Inviste no Rural”.
Nota.- Obrigatorio uso do casco e mascara en todas as probas e inscrición previa para control de asistencia (Normas COVID 19).
Ás 14.00 h. Acto oficial de recepción da caravana de Tractores clásicos homenaxe a Miguel Fernández Cendán.
Ás 14.15 h. Actuación musical na Alameda Gaitas de Tovar (Aforo limitado).
Ás 17.00 h. VI Aniversario do Trofeo Ramón Espantoso e presentación Oficial do Himno do Mondoñedo Fútbol Club.
Ás 17.15 h. ENCONTRO FOLCLÓRICO cos grupos: Banda de Gaitas LA REINA DEL TRUEBANO e Banda de Gaitas EL ENXAMBRE de Asturias; o ARCO DA VELLA, de San Miguel; Banda de Gaitas TOXOS E FROLES de Ferrol, Pasarrúas e actuación das formacións na Praza da Catedral.
Ás 21.00 h. CONCERTO de ROI CASAL
na Praza da Catedral, (aforo limitado mil persoas). Entradas-invitacións www.woutick.es e na oficina de turismo.
Ás 22.15 h. Actuación musical na Alameda TANIA VEIRAS Grupo (Aforo Limitado mil persoas). Entradas-invitacións www.woutick.es e na oficina de turismo.
Día das Vésperas
Domingo, 17 de Outubro 2021
Ás 11.30 h. Ruada do grupo de música tradicional Asubios da Chaira de Cospeito.
Ás 11.45 h. A carón da tumba de Manuel Leiras Pulpeiro, a Asociación As San Lucas quere facer homenaxe aos galegos benfeitores mindonienses emigrados na Arxentina, que fai 100 anos recadaron fondos para o mausoleo de Leiras Pulpeiro. Lectura colectiva de poemas de Leiras e ofrenda floral.
Ás 12.15 h. Homenaxe a Pascual Veiga no cemiterio vello. Irmanamento Asociación As San Lucas – Fundación Pondal, e ofrenda floral diante do seu mausoleo. ROI CASAL coa súa arpa interpretará o tema “Alegoría a amizade” e Asubíos da Chaira interpretará o “Himno galego”.
ÁS 13.00 h. Presentación do libro”CRONICAS DAS SAN LUCAS 2015-2020”, no Auditorio Pascual Veiga. Ata completar aforo.
Ás 14.15 h. Actuación musical na alameda TANIA VEIRAS Grupo (Aforo limitado).
Ás 17.00 h. X CONCURSO DE ANDADURA GALEGA SERRADA E CHAPEADA DE CABALOS E EGUAS DE MAIS DE 1,50 metros. No recinto de A Granxa.
Os que desexen participar deben de seguir ás instrucción que se publiquen no facebook da Asociación.
Premios: 1º- 110€; 2º- 90€; 3º- 70€; 4º- 50€; 5º- 30€; máis trofeo. e os 6º, 7º e 8º, trofeo.
Ao remate do Concurso, recolleran os premios e trofeos.
Ás 19.00 h. Presentación do libro EPISODIOS MINDONIENSES, de Antonio Reigosa, Cronista oficial de Mondoñedo, Auditorio Pascual Veiga, ata completar aforo. Ás 21.30 h. Actuación musical na Alameda Grupo BEATRIZ (Aforo limitado mil persoas). Entradas- invitacións www.woutick.es e na oficina de turismo
Día de As San Lucas
Luns, 18 de Outubro 2021
A partir das 10.00 h. “GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR AS SAN LUCAS”. Campo da
Feira. Por motivo do COVID 19, poñeranse á disposición dos gandeiros 20 curros. Será necesario apuntarse previamente, e ter a confirmación da organización de ter asignado curro. Só poderán entrar aqueles que teñan dita confirmación. Aforo limitado
Ás 11.15 h. Ruada a cargo do Grupo de Gaitas SOUTO XÍMARO. Ás 12.00 h. Acto de Irmanamento Mondoñedo/Ferrol, na Casa do Concello.
Ás 12.30 h. Mircromina Títeres presenta o espectáculo “Varietés” no Feiral.
Ás 13.00h. Dende esta hora os gandeiros poderán recoller os premios e trofeos entregados pola Asociación As San Lucas.
Ás 14.15 h. Actuación musical na Alameda JORGE FERRE BAND (Aforo Limitado).
Ás 17.00 h. Ruada a cargo do Grupo de Gaitas SOUTO XÍMARO. Ás 16.00 h. Apertura das inscricións para as carreiras de andadura galega. Recinto A Granxa.
Ás 16.30 h. CONCURSO DE ANDADURA GALEGA
(LIBRE) NO RECINTO DA GRANXA, nas modalidades SERRADA (dous tempos) e CHAPEADA (catro tempos). Categoría en concurso animais (-1,50 metros) en cada unha das modalidades.
Premios: 1º- 80€; 2º- 60€; 3º- 50€; 4º- 40€ para cada modalidade e categoría. Ao acabar a proba, poderán recoller os premios e trofeos.
Nota.- Obrigatorio uso do casco e máscara en todas as probas e inscrición previa para control de asistencia normas COVID 19.
Ás 19.00 h. TEATRO no Auaitorio Pascual Veiga “PELOS NA LINGUA” Un proxecto de Talia Teatro para o fondo Xacobeo 21-22, Entrada de balde.
Ás 20.30 h. CONCERTO TANXUGUEIRAS na Praza da Catedral, (aforo limitado mil persoas). Entradas-invitacións www.woutick.es e na Oficina de Turismo.
Ás 22.00 h. Actuación musical na Alameda JORGE FERRE BAND e CINEMA (Aforo Limitado). Entradas-invitacións www.woutick.es e na Oficina de Turismo.
Día do Medio
Martes, 20 de Outubro 2021
Ás 11.30 h. Ruada a cargo de Gaiteiros do cabo de Burela.
Ás 12.00h. Misa solemne, presidida polo Excmo. Sr. Bispo da Diocese Mondoñedo-Ferrol, D. Fernando García Cadiñanos, no aniversario da DEDICACIÓN da S.I. CATEDRAL B. de Mondoñedo (1243).
Ás 14.15 h. Actuación musical na alameda Orquestra PRINCIPAL (aforo limitado).
Ás 17.00 h. Pasarrúas a cargo da Charanga Noroeste.
ÁS 19.00 h. Concerto audiovisual “Música para mil primaveras” de Rafa Fernández (apertura 18.45 horas), no Auditorio Pascual Veiga. Ata completar aforo.
Ás 20.30 h. Actuación musical na Alameda Orquestra PRINCIPAL (Aforo Limitado). Entradas-invitacións www.woutick.es e na oficina de turismo.
Día das Maulas
Mércores, 21 de Outubro 2021
ÁS 19.30 h. Pascuale, Cociñeiro e Músico, unha obra para nenos e maiores, con títeres e música en directo, de Mircromina Títeres, no Auditorio Pascual Veiga. Ata completar aforo.
Os actos a celebrar no auditorio, teñen aforo limitado.
As actividades desenvolveranse aplicando a normativa do protocolo Covid vixente, uso obrigatorio de máscaras, non se permite beber nin comer nin fumar dentro do recinto, somentes nos lugares habilitados. Usen xel hidroalcohólico.