Programa As San Lucas 2022
Venres, 14 de Outubro 2022
-
13:00 h. Disparo de potentes bombas e volteo das campás maiores da S.I. Catedral B. anunciando o comezo das Feiras e Festas As San Lucas 2022.
-
20:00 h. Recepción no Concello do pregoeiro e autoridades. De seguido, a comitiva e a carroza d@s Sanluqueir@s dirixiranse cara do Auditorio Pascual Veiga, onde terá lugar o PREGÓN DAS FESTAS. O Grupo de Gaitas “O Arco aa Vella” acompañará a comitiva.
-
20:30 h. PREGÓN a cargo de D. MODESTO DÍAZ GARCÍA, minaoniense de 66 anos, conserxe aurante 42 anos do IES San Rosenao, participou durante 20 anos na política local e sempre involucrado nos diversos eventos que fan da nosa cidade un referente.
Como remate, actuación do CORO MESTRE PACHECO da Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo.
-
22:30h. Festa verbena na Alameda coa orquestra CHARLESTON BIG BAND.
Sábado, 15 de Outubro 2022
-
12:00 h. Apertura da inscrición para o CONCURSO MORFOLÓXICO DE CABALOS E EGUAS DE PURA RAZA GALEGA: “GRAN FINAL DA COPA GALICIA P.R.G.”. Coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Recinto da Granxa.
-
12:30 h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de P.R.G., Sección Sementais maiores de 3 anos. Premios: 1º- 120€; 2º- 90€; 3º- 60€; 4º- 30€; máis trofeo.
-
13.00 h. EXHIBICIÓN DE DOMA e funcionalidade dos cabalos de pura raza galega do programa FEADER, por xentileza da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura. No recinto da Granxa.
-
13:30 h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de P.R.G., Sección Eguas maiores de 3 anos. Premios: 1º- 120€; 2º- 90€; 3º- 60€; 4º- 30€; máis trofeo.
-
14:15 h. Quinta xuntanza de TRACTORES CLÁSICOS no Campo da Feira. AGAMAC.
-
14:15 h. Sesión vermú a cargo da orquestra SALSARENA.
-
17:30 h. Partido de fútbol Mondoñedo, F.C. – Friol C.F. “B”. No Campo Municipal “Viñas da Veiga”.
-
18:30 h. Contacontos musicado “CONTO PARA ESCOITAR MENTRES BAILAMOS UN VALS”. Contacontos Caxoto. Na casa da Xuventude.
-
20:00 h. MONÓLOGO de DAVID AMOR no Auditorio Pascual Veiga. Venda de entradas en entradas: www.woutick.es. Prezo: 6€ ata completar o aforo.
-
22:00 h. Pasarrúas pola cidade a cargo dos FESTICULTORES.
-
22:30 h. Festa verbena na Alameda coas orquestras SALSARENA E PANAMA.
Domingo, 16 de Outubro 2022
-
11:30 h. CONCURSO DE ANDADURA GALEGA (-1.51 mtos) NO RECINTO DA GRANXA, nas modalidades SERRADA (dous tempos) e CHAPEADA (catro tempos). Os que desexen participar deben seguir as instruccións que se publiquen no facebook: asociación as san lucas de Mondoñedo. Coa colaboración de Apreval. Premios: 1º- 100€; 2º- 80€; 3º- 60€; 4º- 40€ para cada modalidade.
-
12:00 h. No Auditorio Municipal Pascual Veiga. De H. Mancebo a Suc. Mancebo (1870-2020), 150 anos imprimindo en Mondoñedo, celebramos máis de 500 anos de imprenta en Mondoñedo e 150 anos de Mancebo como impresores.
-
13:00 h. Homenaxe a Pascual Veiga no Cemiterio Vello. Irmanamento Asociación As San Lucas / Fundación Pondal e ofrenda floral no Cemiterio Vello.
-
14:00 h. Sesión Vermú. Orquestra PUNTO CLAVE.
-
16:30 h. CONCURSO DE ANDADURA GALEGA (+1.51 mtos) NO RECINTO DA GRANXA, nas modalidades SERRADA (dous tempos) e CHAPEADA (catro tempos). Os que desexen participar deben seguir as instruccións que se publiquen no facebook: asociación as san lucas de Mondoñedo. Coa colaboración de Apreval. Premios: 1º- 100€; 2º- 80€; 3º- 60€; 4º- 40€ para cada modalidade.
-
17:00 h. Stana Agresión Off. Ata as 00:00 na Praza da Catedral.
-
18:00 h. ENCONTRO FOLCLÓRICO cos grupos: A Subela, de Foz. Dambara, de Burela. Amado Lar, do Valadouro. Asubios da Chaira, de Cospeito. Praza da Catedral.
-
19:00 h. Inaguración da exposición FUXAN OS VENTOS, no Audiotorio Municipal Pascual Veiga.
-
21:00 h. Festa verbena na Alameda coas orquestras PUNTO CLAVE E ÁMERICA.
Días das Vésperas
Luns, 17 de Outubro 2022
-
14:00 h. Sesión Vermú Orquestra AROMA.
-
18:00 h. SEGVINDO A TRADICIÓN, A CHEGADA DOS CABALOS POLAS RÚAS ATA A FEIRA, retransmisión e información a través dunha pantalla xigante situada na Praza da Catedral.
Os gandeiros xuntan os cabalos descendentes dos que tiñan os celtas que viven en liberdade nos montes da comarca e en reas tráenos para a feira. Como dicía Cunqueiro “A egua nai montada por un xinete, detrás os poldros fillos do vento coas greas ao ar”, orgullosos pasan pola Praza da Catedral e as rúas camiño da feira, seguindo a tradición dende 1156.
-
18:45 h. PASO DOS CABALOS POLA PRAZA DA CATEDRAL.
Lugares preferentes para ver o espectáculo en directo: Os Muíños, Rúa San Roque, Fonte Vella, Praza da Catedral, diante do Auditorio Pascual Veiga e chegada ao Campo da Feira.
-
21:30 h. Festa verbena na Alameda coas orquestras AROMA E PANORAMA.
Días das San Lucas
Martes, 18 de Outubro 2022
-
8:00 h. “GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR AS SAN LUCAS”. Campo da Feira.
-
11:15 h. Ruada a cargo do Grupo de Gaitas “SOUTO XÍMARO” na compaña d@s Sanluqueir@s e cabezudos.
-
11:30h. Na parroquia de Santiago, misa na honra de San Lucas, cantada polo Coro Mindoniense.
-
12:00 h. Recepción oficial no Concello á Corporación de Ferrol, acto de Irmandade.
-
13:30 h. ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE GANDO no Campo da Feira.
-
14:00 h. Sesión Vermú Orquestra PRINCIPAL.
-
16.30h. I CONCURSO DE ANDADURA CABALO MARCHADOR GALEGO, nas modalidades SERRADA (dous tempos) e CHAPEADA (catro tempos). Os que desexen participar deben seguir as instruccións que se publiquen no facebook: asociación as san lucas de Mondoñedo. Premios: 1º- 100€; 2º- 80€; 3º- 60€; 4º- 40€ para cada modalidade. Coa colaboración de Puraga. Recinto da Granxa.
-
17:00 h. Ruada a cargo do Grupo de Gaitas “SOUTO XÍMARO”.
-
19:00 h. Inauguración da exposición itinerante “AS SAN LUCAS, dende 1156” no Auditorio Municipal Pascual Veiga.
-
21:00 h. ESPECTÁCULO DE DOMA NOCTURNA con JAVIER SIMÓN dende Mallorca, KEVIN FERREIRA dende Francia e MIRON BOCOCI dende Rumanía. Praza da Catedral.
-
20:00 h. Festa verbena na Alameda coas orquestras PRINCIPAL E LOS SATÉLITES.
Días do Medio
Mércores, 19 de Outubro 2022
-
12:00 h. Misa solemne, presidida polo Excmo. Sr. Bispo da Diocese Mondoñedo-Ferrol, D. Fernando García Cadiñanos, no aniversario da DEDICACIÓN da S.I. CATEDRAL B. de Monaoñeao (1243).
-
13:30 h. Pasarrúas coa charanga NOROESTE e sesión vermú no campo da alameda.
-
20:00 h. Obra ae Teatro “TODO NUNHA NOITE” de Abismo Caracol. Protagonizada por Manquiña e Ángela Andrade. Entrada de balde.
-
21:00 h. ESPECTÁCULO DE DOMA NOCTURNA con JAVIER SIMÓN dende Mallorca, KEVIN FERREIRA dende Francia e MIRON BOCOCI dende Rumanía. Praza da Catedral.
-
21:30 h. Festa verbena na Alameda coa orquestra TEKILA.
Días do Maulas
Xoves, 19 de Outubro 2022
-
11:30 h. Pasarrúas coa charanga LOS CHARANGOS e sesión vermú no Campo da Alameda.
-
14:00 h. XANTAR-BAILE no Pavillón Municipal de Deportes para a xente inscrita na Xuntanza da Terceira Idade, ameniza DÚO PRINCIPAL.
-
20:30 h. Auditorio Municipal. Teatro “O Boraelo”. Obra “O COVID do Mariñán”. Dirixida polo mindoniense Francisco Piñeiro. Entrada de balde.