As 13.00 h. Disparo de potentes bombas e volteo das campás maiores da S. I. Catedral Basílica anunciando o comezo das Feiras e Festas “As San Lucas 2014”.
As 19.30 h. Recepción oficial na Casa da Concello, do pregoeiro e autoridades.
As 20.00 h. Ofrenda Floral ante a tumba do Mariscal Pardo de Cela na Catedral, co motivo de que o pregoeiro Antón Meilán García, é un dos máis prestixiosos estudosos da figura do Mariscal. O grupo de gaitas “O Arco da Vella” interpretará o Himno do Antigo Reino de Galicia.
De seguido a comitiva e carroza das San Luqueiras, acompañados polos xigantes e cabezudos e o grupo de gaitas, proseguirán cara ao Auditorio Municipal Pascual Veiga, onde terá lugar unha lectura dramatizada da obra “PEDRO E CONSTANZA” que narra as derradeiras horas do Mariscal coa súa filla Constanza, en homenaxe ao Mariscal Pardo de Cela. Escrita, dirixida e interpretada polo actor e director teatral, Manuel Lourenzo. Codirixida por Xosé Martínez e coa interpretación de Bego Lomba. A continuación, terá lugar o PREGÓN das Festas a cargo do mindoniense Antonio J. Meilán García, Licenciado en Filoloxía Románica, Profesor Titular de Lingua Española na Universidade de Oviedo, autor, entre outros, dos libros “O Mito do Mariscal Pardo de Cela: historia, lendas e literatura”; “O Ultimo ano do Mariscal Pedro Pardo de Cela: O cerco e a traizón da Frouseira”. E como remate, actuación do CORO MESTRE PACHECO da Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo.
As 22:30 h. Lanzamento de potentes bombas que anunciarán a verbena na Alameda amenizada pola orquestra PARIS DE NOIA.
As 11.00 h. Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
As 11.30 h. Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Mindoniense “AIRES DO PADORNELO” acompañando As San Luqueiras das Festas, e os cabezudos.
As 14.30 h. Sesión Vermú a cargo da Orquestra NUEVA GENERACION.
As 18.00 h. Seguindo a tradición, CHEGADA TRADICIONAL DE CABALOS POLAS RUAS ATA A FEIRA, que será retransmitida a través dunha pantalla xigante situada na Praza da Catedral.
Os gandeiros xuntan os cabalos que estiveron todo o ano pacendo nos montes da comarca e nunha manada tráenos para a feira. Como dicía Cunqueiro “A egua nai montada por un xinete, detrás os poldros fillos do vento coas greas o ar”, que patean as pedras das rúas, algunha seguro que é a mesma que pisaron os primeiros cabalos que pasaron en 1156.
As 18.40 h. Paso dos cabalos pola Praza da Catedral. (Preferentes lugares para ver o espectáculo: Ponte do Pasatempo, Os Muíños, Rúa San Roque, Fonte Vella, Praza da Catedral, diante do Auditorio Municipal e chegada ao Campo da Feira).
As 20:00 h. Actuación do MAGO DAVID MENDEZ no auditorio.
As 22.00 h. Dará comezo a festa verbena amenizada polas Orquestras NUEVA GENERACION e CLAXXON.
As 22.30 h. Na Praza da Catedral Gran Festa da Mocidade Fin da Xira oficial EME MUSIC-RADIO LIDER co megaescenario nas Feiras e Festas máis antigas de Galiza, As San Lucas de Mondoñedo. Con Marcos Magán, DJ Sonic e DJ Charlie. Animación e moito máis.
A partir das 8.00 h. “GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR AS SAN LUCAS”. Campo da Feira.
As 11.00 h. Chegada das San Luqueiras das Festas, ao recinto da FEIRA CABALAR tradicional, acompañadas dos cabezudos e o grupo de gaitas “SOUTO XIMARO”.
As 12.00 h. Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas “SOUTO XIMARO”.
As 12.00 h. Recepción oficial no salón de Plenos da Casa do Concello á Corporación do Excmo. Concello de Ferrol con motivo do Acto de Irmanamento.
As 12.30 h. Presentación do novo libro do escritor e xornalista Ramón Loureiro “La Oruga en el Bosque Creciente” con ilustracións de Antonio Seijas. Salón de Plenos da Casa do Concello.
As 13.30 h. ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE GANDO no Campo da Feira.
As 14.15 h. Sesión Vermú a cargo da ORQUESTRA FANIA.
As 16.30 h. Comezo do ENCONTRO FOLCLÓRICO polas principais rúas de Mondoñedo, coas seguintes agrupacións: “ARCO DA VELLA” de San Miguel; “A.C. OSORIO GUTIERREZ” de Lourenzá; “ANTARUXAS E SORTEIROS” de A Fonsagrada e a “BANDA DE GAITES DE CORVERA”. Confluíndo na Praza da Catedral, onde todos os grupos realizarán unha actuación.
As 18.00 h. Apertura das inscricións para as carreiras de andadura galega serrada e chapeada. Recinto de A Granxa.
As 18.15 h. CONCURSO DE ANDADURA GALEGA (LIBRE) nas modalidades Serrada e Chapeada. (non poderán participar trotóns). Concurso de ANDADURA GALEGA na modalidades de SERRADA (dous tempos). Concurso de ANDADURA GALEGA na modalidades de CHAPEADA (catro tempos).
Premios: 1 ° 80€; 2 ° 60€; 3 ° 50€; 4 ° 30€ para cada modalidade e trofeo ou medalla.
As 19.45 h. Entrega de premios e trofeos do Concurso de Andadura no Recinto de A Granxa. Imprescindible presentarse co cabalo.
As 20.30 h. Monólogo a cargo do actor e humorista “DAVID AMOR” no Auditorio Municipal Pascual Veiga. Entrada 3€.
As 22.00 h. Dará comezo a festa verbena amenizada polas Orquestras FANIA e FILADELFIA.
As 23.00 h. Agárdate en Mondoñedo, Kepa Junkera, coa Fin da Xira de Verán 2014 “Galiza” na Praza da Catedral. Entrada de balde.
As 10.30 h. Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.
As 11.00 h. Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas “SOUTO XIMARO”.
As 11.30 h. Apertura da inscrición para o CONCURSO MORFOLOXICO DE CABALOS E EGUAS DE PURA RAZA GALEGA: “GRAN FINAL DA COPA GALICIA P.R.G.”. (Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega). Coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Campo da Feira.
As 12.00h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de Pura Raza Galega, Sección Sementais maiores de 3 anos
Premios: 1° 120€; 2° 90€; 3° 60€; 4° 30€; máis trofeo.
As 12.45h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de Pura Raza Galega, Sección Eguas maiores de 3 anos.
Premios: 1° 120€; 2° 90€; 3° 60€; 4° 30€; máis trofeo.
As 13.30 h. Entrega de premios do concurso. Entrega do Trofeo Institucional “Gran Premio da Excma. Deputación de Lugo. Vicepresidencia Primeira”.
As 14.15 h. Sesión Vermú a cargo da Orquestra PALLADIUM.
As 17.00 h. No recinto de A Granxa, ESPECTACULO DE DOMA CON CABALO DE PURA RAZA GALEGA “GALICIA UN SOÑO A CABALO”.
As 17.00 h. FUTBOL 2ª rexional. “Campo Viñas da Veiga” MONDOÑEDO F.C. – C.D. ALFOZ.
As 18.00 h. Apertura da inscrición para o III CONCURSO DE CABALOS TROTONS “As San Lucas”.
As 18.15 h. III CONCURSO DE CABALOS TROTONS “As San Lucas”.
Premios: 1° 110€; 2° 90€; 3° 70€; 4° 50€; 5° 30€; máis trofeo. 6, 7 e 8 clasificados, trofeo.
Ao remate do Concurso entrega de premios e trofeos. Imprescindible presentarse co cabalo.
As 19.30 h. Concerto do cantante revelación 2014, PABLO LOPEZ, presentando o disco “11 historias e un piano”. Auditorio Municipal Pascual Veiga. Venda electrónica de entradas: http://entradas.abanca.com
As 22.00 h. Dará comezo da festa verbena amenizada polas Orquestras PALLADIUM e MARBELLA.
As 12.00 h. Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva. Misa solemne no aniversario da S.I. catedral B. de Mondoñedo (1243), cantada polo “Coro Mindoniense”.
As 14.30 h. Sesión Vermú a cargo da orquestra TEKILA.
As 21.00 h. Dará comezo a festa verbena amenizada pola orquestra TEKILA.
As 22.00 h. Temos algo moi especial, A GALA “VOCES DA PAULA”, feita por mindonienses, na Alameda dos Remedios.
As 00.00 h. Fin de festa coa Orquestra TEKILA.