Programa As Quendas 2015
Xoves, 30 de Abril 2015
-
Ás 20:00 h. Recepción oficial na Casa do Concello, da pregoeira e autoridades.
-
Ás 20:15 h. A comitiva formada polas Autoridades, a Pregoeira, os membros da Comisión de Festas, a Raíña e Damas das Festas, xunto cos xigantes e cabezudos e o grupo de gaitas desprazaranse dende a Casa do Concello cara ao AUDITORIO MUNICIPAL PASCUAL VEIGA onde terá lugar o PREGÓN pronunciado por PATRICIA MARTINEZ PAZ, que sendo alumna do IES San Rosendo de Mondoñedo acadou a mellor nota de Galicia na proba de acceso á Universidade no 2014 e Premio Extraordinario de Bacharelato.
A continuación, terá lugar a tradicional actuación do CORO MESTRE PACHECO DE MONDOÑEDO, da Escola Municipal de Música “O Pallarego”.
-
Ás 22.30 h. dará comezo a festa verbena coa música da orquestra CAPITOL e a actuación da artista revelación galega MAR DAVILA.
Venres, 1 de maio 2015
GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR
XXXII FESTA DA EMPANADA MERCADO DE PRODUTOS DO CAMPO GALEGO MONDOÑEDO É POESÍA
-
Á partir das 9.00 h. “GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR AS QUENDAS”, no Campo da Feira.
-
Ás 11.00 h. Saída da Casa do Concello da Raíña das Festas e as Damas xunto cos Cabezudos e o Grupo de Gaitas “Illa Pancha” cara á Feira de Gando, percorrendo os postos de empanada na Alameda, de produtos do campo e demais postos na rúa. Máis tarde, o grupo de Gaitas amenizará as rúas con música galega.
-
De 11:00 a 14.00 h. -Sketchcrawl Galicia- Debuxantes e Pintores cítanse en Mondoñedo e percorrerán as rúas tomando apuntes ao vivo da cidade e das xentes, que logo difunden a través das redes sociais. Lugar de cita ás 11:00 h. no Campo da Feira dos Remedios.
-
Ás 11:30 h. II OBRADOIRO DE AMASADO ARTESANAL, ELABORACIÓN, ENFORNADO E COCIDO DO PAN E DA EMPANADA. Será unha actividade aberta a todas as persoas interesadas en coñecer o proceso de elaboración do pan e das empanadas, un dos produtos tradicionais de Mondoñedo.
-
Ás 13:00 as 14:00 h. IV EDICIÓN DAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CARNE DE POLDRO. Degustación de balde na Alameda dos Remedios, servida no Bar Polbería “O BIGOTES”.
-
Ás 13:30 h. No Campo da Feira terá lugar a ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE GANDO E INTERVENCIÓN POÉTICA.
-
Ás 14:15 h. Sesión Vermú na Alameda coa ORQUESTRA PRINCIPAL.
-
Ás 16:00 a 18.00 h. -Sketchcrawl Galicia- Quedada de debuxantes e pintores na Praza da Catedral.
-
Ás 18:00 a 20.00 h. Recitados nas prazas de Mondoñedo coa seguinte orde e horarios.
18:00 h.: Praza da Catedral (Interveñen: Eduard Velasco, Chus Amieiro, Hermes López).
18:30 h.: Praza do Concello (Interveñen: Eduardo Estévez, Conce Agrelo e Aladino Montero).
19:00 h.: Praza Jaime Cabot (Interveñen: Baldo Ramos, Aleixandre Lago Barcala e Luciano do Monfadal). Participarán nestes recitais na rúa alumnado de diferentes centros escolares da Mariña.
-
Ás 18:00 a 19.50 h. DEBUXACONTOS E POESÍAS a cargo de CaxotoKativo, na Praza Jaime Cabot. Obradoiro de creación paras os máis cativos.
-
Ás 20:00 a 21.30 h. RECITAL “MONDOÑEDO É POESÍA” no AuditorioMunicipal “Pascual Veiga”. Interveñen músicos e poetas: César Morán, Miro Casabella, Arcadio Mon, Luz Pozo, Yolanda Castaño, Lois Pérez, Eduardo Estévez, Baldo Ramos, Aleixandre Lago Barcala, Eduard Velasco e Caxigueiro. Colofón: Homenaxe a Antonio Noriega Varela polo 120 aniversario da publicación do seu poema “De Ruada” en 1895.
Ao tempo, continuarán as súas actividades na mesma sala dos debuxantes e pintores da quedada Sketchcrawl Galicia. Complementan estas actividades:
-TENDAL DE POESÍA no Auditorio “Pascual Veiga”.
-Libraría con atención preferente aos títulos dos autores convocados, no Auditorio “Pascual Veiga”.
-EXPOSICIÓN de Sketchcrawl Galicia, no Auditorio ” Pascual Veiga” con obras de Eduardo Baamonde (Cambados), Lucía López (A Coruña), Pelayo López (A Coruña), Isabell Seidel (Ourense), Juan Ardura (Betanzos), Antón Díaz “Caxoto” (Cervo), Xoán Manuel Guerreiro (Xove), XoséVizoso (Mondoñedo).
-Edición dunha publicación conmemorativa “Mondoñedo é poesía 2015” con ilustracións de Alicia Puchades Tella- Villamarín.
-Edición dun folleto que conterá o poema “De Ruada” de Antonio Noriega Varela.
-
Ás 20:30 a 22:00 h. Degustación de balde de carne de poldro galego na Alameda , servido polo bar-polbería O BIGOTES. Durante todo o día haberá tamén degustación de tapas de EMPANADA nos locais de hostalaría da cidade.
-
Para rematar a xornada, ás 22.00 h na Alameda dará comezo a festa – verbena coas orquestras PRINCIPAL E D’MODA.
Sábado, 2 de maio 2015
XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CARNE DE POLDRO NOS LOCAIS DE HOSTALARIA MINDONIENSES
Tapeo nos bares e mesóns da cidade con carne de poldro galego.
-
Ás 11:00 h. Comezará O PEQUEBASQUET “GAÑAMOS TODOS”, no pavillón de deportes. Ata as 18:00 h. Mondoñedo será o escenario perfecto para que varias ducias de nenos e nenas da provincia de Lugo poidan disfrutar dunha xornada de deporte e cultura ao tempo que conviven e socializan con outros nenos e nenas nun entorno máxico e histórico como é a cidade de Cunqueiro. Os rapaces xogaran varios partidos onde o resultado non existe, pois gañar ou perder é o de menos.
-
Ás 11:30 h. “RUTA CUNQUEIRIANA”, guiada por Xosé Ruíz Leivas. Esta actividade está aberta a todo o público e guiará ao visitante polos lugares máis frecuentados polo xenial escritor mindoniense. A saída será dende a oficina de turismo.
-
Ás 12:30 h. Showcooking con carne de Poldro galego, na Alameda , no que se elaborarán dúas receitas. Este evento será realizado pola cociñeira Rocío Caramés que recibiu o premio “Gourmandworld Cookbook” pola súa publicación “Cociñando coas razas autóctonas “.
-
Ás 12.00 h. Recepción oficial no salón de Plenos da Casa do Concello á Corporación do Excmo. Concello de Ferrol con motivo do Acto de Irmanamento.
-
De 13:00 a 14:00 h. IV EDICIÓN DAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CARNE DE POLDRO GALEGO. DEGUSTACION DE BALDE na Alameda dos Remedios servida polo bar-polbería O BIGOTES.
-
Ás 14:15 h. Sesión Vermú na Alameda, amenizada pola Orquestra SALSARENA.
-
Ás 17.30 h. No recinto da Granxa, EXHIBICIÓN E CONCURSO HÍPICO DE SALTO. A cargo de Hípica Equs de Lugo.
-
De 20:00 a 22:00 h.Degustación de balde de carne de poldro galego na Alameda, servido polo bar-polbería O BIGOTES.
-
Ás 21:30 h. CONCERTO ACÚSTICO DE “KIKO & SHARA”, no Auditorio Municipal Pascual Veiga. Entrada 10€. Teléfono de reservas: 665 892 419
-
Ás 22:30 h. Dará comezo a festa verbena coa música das orquestras SALSARENA E MONTREAL.
Domingo, 3 de maio 2015
XORNADAS GASTRONÓMICAS DA CARNE DE POLDRO NOS LOCAIS DE HOSTALARIA MINDONIENSES
Tapeo nos bares e mesóns da cidade con carne de poldro galego.
-
Ás 8:30 h. 1a CARREIRA DE MONTAÑA “A TOXIZA CLASSIC XTREME”
-
Ás 14:00 h. Sesión Vermú na Alameda, amenizada pola Orquestra MONTREAL.
-
Ás 18:30 h. XOLDRA TEATRO, representa a obra MERCADOS REVOLTOS “O MUSICAL” no Auditorio Municipal Pascual Veiga